Encontro de literaturas en Asturias

As letras asturianas, portuguesas (de Miranda do Douro) e galegas fixeron irmandade durante a pasada fin de semana en Xixón (Asturias), nas xornadas do Arcu Atántico, que veñen de celebrar a súa V edición. Autores e autoras en castelán, asturiano, mirandés, portugués e galego compartiron poesía, narrativa e, en xeral, a emoción da literatura. O […]

Presentación do novo libro de Charo Pita na Coruña

Charo Pita vén de publicar na colección Árbore 10 anos unha nova novela titulada 'Oxalás estiveses aquí'. Será presentada mañá martes, dentro dos actos da Feira do libro da Coruña. A autora estará acompañada polo escritor Francisco Castro. Charo Pita é unha das narradoras fundamentais da Literatura Infantil e Xuvenil en galego. Con Xoán Curiel […]

Galaxia no Arcu Atlántico (Xixón)

Antón Riveiro Coello e Víctor F. Freixanes representarán a Galaxia e, por extensión, ás letras galegas, nas V Xornadas Literarias do Arcu Atlántico que se celebran en Xixón durante esta fin de semana. O sábado, día 30, ás 20 horas, Riveiro Coello falará na Carpa Espaciu Pallabres da súa obra, moi especialmente da novela "Laura […]

Miguel-Anxo Murado, galardoado co premio Fernández Latorre

O xornalista, escritor, guionista de cine e televisión e tradutor Miguel-Anxo Murado foi galardoado co Premio Fernández Latorre no seu 58.ª edición, en recoñecemento á súa «ampla e prolífica traxectoria». A acta da reunión do xurado, que tivo lugar o pasado 16 de xuño, recolle que «o Padroado da Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre, constituído en […]

Novas edicións para O PRINCIPIÑO

O PRINCIPIÑO de Antoine de Saint_Exupèry foi traído ao galego por Carlos Casares no ano 1972. Dende aquel intre, non deixou de ser reeditado constantemente, en moitos formatos, algo que, a Casares, sen dúbida, tamén lle agradaba pois de todos é sabido que foi un grande coleccionista de edicións do mundo desta novela. Na Editorial […]

O caso máis sinistro de Frank Soutelo

UN DENTE SEN CADÁVER é o título da nova novela protagonizada polo detective creado por Miguel Anxo Fernández, Frank Soutelo. En palabras do autor, estamos diante do caso máis sinistro aos que se tivo nunca que enfrontar o investigador privado. Os fieis á saga do autor carballinés van sentirse satisfeitos con esta historia que non […]

Concerto de presentación do libro-disco 'As andanzas de Paio' en Carballo

A Praza dos Libros de Carballo está a consolidarse, verán tras verán, coma unha das citas máis interesantes relacionadas co libro e a cultura galegas. Dende o seu inicio hai uns anos a nosa Editorial estivo presente defendendo distintas actividades. Na edición deste ano a música infantil e os libros de cociña terán especial protagonismo. […]

Música e cociña na fin de semana

Nesta fin de semana na que celebramos o Día da Matria, o Día de Galicia, o Día do noso país, a Editorial Galaxia despregará, coma sempre, unha importante actividade cultural, desta volta en dous puntos da nosa xeografía. Por unha banda, e seguindo cos actos programados para a Praza dos Libros de Carballo, o día […]