Presentación do novo libro de Miguel Anxo Fernández na Coruña

Os actos da Editorial Galaxia na Feira do Libro da Coruña rematan este domingo coa presentación, ás 20.30 horas, da novela de Miguel Anxo Fernández, ‘Un dente sen cadáver’, a nova aventura de Frank Soutelo. O autor estará acompañado polo director literario de Galaxia, Carlos Lema. Á dereita destas liñas deixamos unha entrevista co autor […]
As voces das mulleres

A escritora Marilar Aleixandre foi a encargada de coordinadar o tema central do novo número de GRIAL titulado FEMINISMO(S). Tamén participaron Saleta de Salvador Agra, Iolanda Martínez Suárez, Carmen Castro García, Olga Castro, Encarna Otero Cepeda e Mariam Mariño Costales. Na ligazón á dereita destas páxinas deixamos o traballo de Marilar Aleixandre para a súa […]
Un verán para ler

Verán. Vacacións. Tempo para retomar lecturas. Tempo para recomendar libros. Para deixarse recomendar. Para ler novelas. Para estremecerse coa poesía. Ler: un gran plan de verán. Fronte do mar, do río, a auga da pisicina. Na sombra. Ao sol. Cunha tapa diante. Logo de correr. Coa ventá aberta porque morremos de calor. Pechados no cuarto, […]
Un teatro máis que completo

O teatro ten sona, o teatro editado dicimos, de ser a “irmá pobre” do mundo da edición, na medida en que é moi difícil que os textos dramáticos traídos para o papel sexan consumidos nas librerías. Mais non é o caso do Teatro Completo de Álvaro Cunqueiro, un autor que o foi total e que […]
Feminismo (os)

Marilar Aleixandre, compañeira do consello de redacción de GRIAL e recentemente elixida membro do plenario da Real Academia Galega, coordina este numero monográfico da revista dedicado ao feminino. Feminismos (os) en plural, para salientar a diversidade de posicionamentos e perspectivas que o movemento amosa e que en parte están tamén recollidos nestas paxinas. Saleta de […]
Gastronomía e teatro na Coruña este xoves

Este xoves tres libros da Editorial Galaxia protagonizarán as presentacións da Feira do Libro da Coruña. Por unha banda presentaremos, ás 19 horas, dous libros de teatro pensados para os máis pequenos da casa. A nosa editorial está apostando moi forte polo teatro infantil e vén de publicar AS TERAPIAS DA DOUTORA LEDICIA, de Raquel […]
Charo Pita presentou a súa nova novela na Coruña

Onte martes, a carpa infantil da Feira da Coruña encheuse para escoitar a Charo Pita durante a presentación da súa nova novela, OXALÁ ESTIVESES AQUÍ que publicamos na nosa colección Árbore 10 anos. A autora estivo acompañada polo editor Francisco Castro quen explicou a xénese da obra, nacida como unha narración oral da autora para […]
Presentación do novo libro de Eli Ríos na Coruña

A escritora Eli Ríos presentará este mércores ás 19 horas o seu novo libro 'Marta e a píntega' no marco dos actos da Feira do Libro da Coruña. O libro, que está a ser xa un dos máis vendidos do país, presentarase coa presenza da autora que estará acompañada pola mestra de Educación Infantil, Nuria […]