No Día Mundial do Cancro de Mama, literatura para afrontar a realidade

Na Editorial Galaxia sumámonos a esta iniciativa recomendando o libro A mamá que perdeu as cóxegas, de Claro do Roxo. Unha historia conmovedora destinada aos pequenos e pequenas da casa que sofren tamén as consecuencias desta enfermidade.
Rebeca Baceiredo publica O canto da sibila
No Día das Escritoras elas teñen a palabra
Unha novela que vai deixar pegada

Coa sala chea a rebordar, presentouse na Casa das Campás, en Pontevedra, a última novela de Xosé Monteagudo, Todo canto fomos, que dende que saíu ás librerías está a recibir as mellores críticas. Unha gran arquitectura. Novela coral e, ao mesmo tempo, con poderosos personaxes. Unha viaxe polas emocións e a memoria histórica. As mulleres […]
Mar Maior inicia a súa andaina en Brasil

Os primeiros libros de Mar Maior estarán nas librerías brasileiras antes de final de ano. Así o acordaron a distribuidora Ponte Atlantica (Salvador de Baía) e a Editorial Galaxia. A distribuidora brasileira, xestionada por galegos e descendentes de galegos, encargarase da comercialización dos títulos, tanto nas librerías como través dunha revista de distribución gratuita que […]
Begoña Caamaño, Antón Riveiro Coello e Víctor Freixanes optan ao Mondoñedo 10

A Asociación As San Lucas en colaboración co Colectivo Mondoñedo É e o Concello de Mondoñedo convovan os Premios Mondoñedo 10. Na modalidade de narrativa optan a facerse co recoñecemento tres novelas de Galaxia: Morgana en Esmelle, de Begoña Caamaño, Laura no deserto, de Antón Riveiro Coello, e Cabalo de ouros, de Víctor Freixanes. O […]
Galaxia prepara un poemario de Rebeca Baceiredo

A colección de poesía da nosa editorial volve con forza coa publicación do poemario de Rebeca Baceiredo, ‘O canto da sibila’. A autora, coñecida ata o de agora pola súa vizosa actividade ensaística na nosa editorial publicou ‘O suxeito posmoderno. Entre a estética e o consumo’, Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2005) proponnos neste libro […]
Os cabezombis na Mansión Espello

Herdar unha mansión semella ser sempre unha boa nova, pero se nesa casa viven uns cabezombis dispostos a que o inquilino teña unha estancia do menos convencional poden pasar moitas cousas divertidas.