"Mapas e cartas de Vigo e de Galicia. Séculos XVII ao XX" na Fundación Penzol

Mañá xoves, ás 12.00, na Casa Galega da Cultura, en Vigo, terá lugar a inauguración da exposición “MAPAS E CARTAS DE VIGO E DE GALICIA SÉCULOS XVII AO XX”. O acto será introducido polo director da Fundación Penzol, Francisco Domínguez, ademais de promotor da mostra, e nel participarán o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o […]

Inuaguración "Mapas e cartas de Vigo e de Galicia. Séculos XVII ao XX"

Durante un mes, expóñense 33 obras de mapas e cartas de Galicia e tamén de Vigo, representativas do noso fondo cartográfico histórico, que comprende arredor dunhas 80 pezas. Tamén se poden ver mapas antigos como o de Hernando de Ojea, primeira representación que se fai de Galicia de maneira independente, así como tamén dos destacados […]

Clausurado o simposio "Xaime Isla Couto: raíz e utopía de Galicia"

Víctor Freixanes, director da Editorial Galaxia, Malores Villanueva, que a primeiros de ano presentou unha tese sobre a primeira etapa da editorial, e Xosé Luís Franco Grande, escritor e primeiro autor da colección Illa Nova, dialogaron sobre o papel de Xaime Isla como fundador, proxectista e primeiro conselleiro-delegado da editora.

Margarita Ledo Andión, premiada co Ramón Piñeiro Facer País

A xornalista, profesora e escritora Margarita Ledo Andión obtivo o premio Ramón Piñeiro Facer País na súa décimo quinta edición. O xurado destacou de Margarita Ledo Andión “o seu constante compromiso con Galicia na súa creadora actividade profesional como xornalista, escritora, docente e cineasta”. Cualifican á académica de “partícipe fundamental no activo proceso de dignificación […]

Presentouse a fotobiografía dedicada a Xaime Isla

Onte, coa presenza de Xosé Luis Pastoriza, editor responsable da fotobiografía de Xaime Isla que acabamos de editar, do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e de Xosé Soutullo, director de produción de Galaxia, presentouse o libro”Xaime Isla: raíz e utopía de Galicia” e mais do número da revista Grial. Revista Galega de Cultura, […]

O IBBY recoñece a tradución de Ramón Nicolás

O International Board of Books for Young People, IBBY, recoñeceu o traballo de tradución que realizou Ramón Nicolás no libro Bisa Bea, Bisa Bel da brasileira Ana Maria Machado. Ramón Nicolás é o autor da versión galega que publicou Galaxia e que vén de ser premiada.