Hoxe celébrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Hoxe, 25 de novembro, celebrase, o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha data que debemos reivindicar cada día, pois é unha responsabilidade individual e colectiva conseguir unha igualdade real entre homes e mulleres. Son moitas e moi variadas as maneiras nas que a violencia machista exerce o poder contra as mulleres […]

Galaxia publica a autobiografía musical de Xoán Rubia

A Editorial Galaxia publica, na colección Reportaxe, un libro arredor da traxectoria de Xoán Rubia, Pasaba por alí. E quedei un intre. Considerado un dos nomes máis importantes da música galega e autor de longa traxectoria, é unha das voces de referencia dende finais dos anos sesenta. En palabras de Xavier Alcalá, autor do prólogo “Rubia […]

Rolda de prensa arredor dos novos títulos de Xosé Neira Vilas, en Santiago

Hoxe presentamos en rolda de prensa tres novos títulos da colección Biblioteca Neira Vilas da Editorial Galaxia: Remuíño de sombras, Camiño bretemoso e De cando o Suso foi carteiro. Presentaron os libros, Valentín García Gómez, secretario xeral de política lingüística da Xunta de Galicia, Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación Neira Vilas, Pilar Sampedro, Chus Neira, […]

Rolda de prensa de presentación de “O can e o gato”, en Santiago de Compostela

Hoxe presentamos, nunha rolda de prensa, o álbum O can e o gato, de Manuel Pombo, ilustrado por María Lires. Acompañando o autor, estiveron Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, a lingüísta Estela Seivane Llanes, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. ”Se hai algo do que estou seguro é de que […]

Hoxe presentamos, “Polos vieiros do Fabulador”, de Cunqueiro

Hoxe presentamos, na sala Rosalía da Deputación de Pontevedra, en Vigo, Polos vieiros do Fabulador. Cunqueiro e Pontevedra, de Álvaro Cunqueiro. Este libro é o resultado dunha escolma de textos de Cunqueiro, que fan referencia á provincia de Pontevedra e ás súas vilas, tradicións, gastronomía e paisaxes. Un paraíso cultural, turístico, paisaxístico e gastronómico que plasmou, […]