20 anos sen Carlos

Hoxe cúmprense 20 anos do pasamento do que foi o noso director, Carlos Casares. Escritor e protagonista no Día das Letras Galegas 2017, foi unha das personalidades máis importantes da cultura galega. Traballador incansable, dirixiu Galaxia e a revista GRIAL ata os seus últimos días. Contador nato de historias, brindounos un legado repleto de obras […]

A Editorial Galaxia publica o primeiro ensaio de Francisco Castro

Xa está en todas as librarías o primeiro ensaio de Francisco Castro, publicado na Colección Feminismos da Editorial Galaxia, titulado Isto si é un home. Neste libro Francisco Castro explota a súa faceta como filósofo para situarse no pensamento feminista desde a súa condición de varón. Trátase dun ensaio irónico, por momentos esmendrellante, en que […]

8M. Unha loita de todas as persoas

Dende a Editorial Galaxia amosámonos como firmes defensoras da loita feminista en prol da igualdade entre homes e mulleres. O 8M é só un recordatorio do que se debe defender cada día: a liberdade, a igualdade de oportunidades, a diversidade, a dignidade, a valentía, a abolición da opresión ou do machismo que se mestura en toda a sociedade, […]

Rolda de prensa arredor de “Debuxar o mundo”, en Santiago de Compostela

Hoxe celebramos unha rolda de prensa arredor de Debuxar o mundo. Xogar, crear e compartir, Premio Marta Mata de Pedagoxía 2020, de Vicente Blanco e Salvador Cidrás, no salón de actos do Pazo de San Roque, en Santiago de Compostela. Acompañando os autores, no acto participaron Jesús Manuel Álvarez Bértolo, Director Xeral de Centros e […]

Aberto o prazo de inscrición para o obradoiro de Inma López Silva

Despois do grande éxito nas súas primeiras edicións, a Escola de Letras volve a abrir as súas portas para todas e todos os amantes da palabra, interesados en aprender e conectar con outros amigos das letras, asistindo a obradoiros con algunhas das voces literarias máis importantes do panorama galego actual. Cun calendario ateigado de propostas, hoxe, martes […]

Coa colección Feminismos, Galaxia aposta pola igualdade na ciencia

A Editorial Galaxia vén de sumar un novo título á colección Feminismos: Pioneiras da ciencia en Galicia, da autoría de Manuel Rey Pan e Eduardo Rolland. Acaba de chegar aos nosos almacéns este libro que aposta, ao igual que sucede co recentemente publicado Tiven a chave, a bicicleta e os catro libros, de Xoana Torres, […]

Presentación de “A abertura da boca”, en Santiago de Compostela

O martes 28 de decembro, celebrarase, ás 20 h, a presentación do poemario A abertura da boca, de Carlos Callón, na libraría Pedreira, organizada, en colaboración, coa Agrupación Cultural O Galo. Acompañando o autor, estarán os escritores Serxio Abalo e J. M. Dopazo, e María Antonia Pérez, en representación da A. C. O Galo. Co […]