A crítica e profesora Pilar Ponte publica no Faro da Cultura unha reseña da última novela de Miguel Sande, A candidata, coa que o escritor e xornalista venceu na última edición do Premio García Barros. “A lectura é inquietante, o autor colócanos fóra dun supermercado a ver como a xente compra sen nos deixar entrar, sitúanos no chan sentindo as patadas, encérranos en cohces fríos baixo a chuvia, quere que sintamos toda a crueza destas tres realidades e abofé que o consegue”, afirma Ponte, e conclúe: “A candidata é unha historia moi potente que atrapa e de seguro non vai deixar indiferente a quen a lea”.
Tamén dende a revista Aí, gaban “a análise e radiografía do mundo visto desde tres perspectivas particulares de hoxe en día. Eis o seu grande valor, o retrato ben contado dunha actualidade dura e desacougante”.
Podes ler a crítica do Faro da Cultura ao completo aquí.
E a reseña da revista Aí, aquí.