Caeu o pinsapo

Categoría: Nova

O pai de Ramón Otero Pedrayo plantou un pinsapo (non exactamente unha araucaria, como sempre se dixo) o mesmo día do nacemento do fillo, en 1888. Durante anos, árbore e neno medraron xuntos, ata que en 1972 outro furacán abateu a vella árbore, que daba sombra á casa dende o xardín. "O meu irmanciño", gustaba de chamala don Ramón.
Posteriormente plantouse outro pinsapo, semellante ao primeiro, para lembrar a aquel, e para lembrar a memoria do señor de Trasalba. A furia do vento destes días volveu abater a árbore, xa ben grandeira, derrubándoa sobre a estrutura da parra. Tamén levantou algunhas tellas da casa. Valaquí algunhas mostras da desfeita. Haberá que poñer unha nova árbore, un terceiro pinsapo, para lembranza do patriarca da xeración Nós.

Compartir na redes sociais: