Presentación de “Árbores no deserto” en Santiago de Compostela

O día 14 de xullo, ás 19:30 h, celebrarase, na libraría Cronopios de Santiago, a presentación de Árbores no deserto, de Rosalía Fernández Rial. Acompañando á autora, asistirán ao acto a profesora e crítica literaria Montse Pena Presas e Francisco Castro, director xeral da Editorial Galaxia. Igual que a escultura vive nos bloques de pedra andes […]
Sinaturas, esta fin de semana, na Feira do Libro de Ponteareas

Velaquí as sinaturas da Editorial Galaxia que se celebrarán, o día 12 de xullo, na Feira do Libro de Ponteareas. 20:00 h, celebrarase a Sinatura de O libro da filla, de Inma López Silva. Un gran thiller político, intimista, sentimental e social. Helena Sánchez é unha prestixiosa xornalista que acepta investigar o caso de Fernando, […]
Sinatura con Pablo Prado, na Feira do Libro de Ponteareas

O día 10 de xullo, ás 20:00 h, celebrarase a sinatura de O derradeiro libro de Emma Olsen, de Berta Dávila e Pablo Prado, na Feira do Libro de Ponteareas. Asistirá ao encontro o ilustrador Pablo Prado. Logo do éxito recollido pola novela de Berta Dávila, a autora, abeirada á pluma certeira de Pablo Prado, ofrécenos […]
Sinatura con Francisco Castro, na Feira do Libro de Ponteareas

O día 9 de xullo, ás 21:00 h, celebrarase, na Praza Maior de Ponteareas, a sinatura de Tantos anos de silencio, de Francisco Castro, na Feira do Libro da localidade. Un relato violentamente fermoso. Fermosamente violento. O autor recrea nesta ambiciosa novela unha época de escuridade, paseos na madrugada, tiros nas cunetas, e corpos que sobreviven […]
A Editorial Galaxia recibe a visita da Marea Galeguista

Hoxe recibimos na Editorial Galaxia a visita institucional da Marea Galeguista, encabezada por Peque González e Sara Valenzuela. Quixeron partillar con nós as súas ideas programáticas en relación ao mundo da edición. Con esta, péchase o ciclo de visitas que co gallo da convocatoria electoral os distintos partidos políticos quixeron facernos. Os partidos que o […]
A Editorial Galaxia recibe a visita do PSOE

Logo da visita institucional do BNG e PP, hoxe recibimos, na Editorial Galaxia, a visita do PSdeG-PSOE para partillar con Xavier Martínez Cobas, Conselleiro Delegado da Editorial Galaxia, e con Francisco Castro, Director Xeral, as súas ideas ao respecto do futuro da edición en Galicia. A comitiva estivo formada por Abel Losada, Isaura Abelairas e […]
A Editorial Galaxia recibe a visita do PP

Hoxe, recibimos, na Editorial Galaxia, a visita do PP. Unha comitiva encabezada por Anxo Lorenzo, Corina Porro e Teresa Egerique partillou con Antón Vidal Andión, presidente do Consello de Administración de Editorial Galaxia, Xavier Martínez Cobas , Conselleiro Delegado, e Francisco Castro, Director Xeral, as súas ideas e propostas relacionadas co mundo da cultura e […]
Hoxe, hai 137 anos, nacía Kafka

Hoxe, 3 de xullo de 2020, hai 137 anos, nacía o escritor checo Franz Kafka, en Praga. Velaquí o artífice da escrita dalgunhas das obras literarias máis importantes do século XX. Á parte da súa interesante correspondencia, é autor de obras coma O proceso, O castelo, América (O desaparecido) e A metamorfose. Na colección Clásicos Universais da […]