A revista Grial publica un número dobre centrado nos 70 anos da Editorial Galaxia

Mañá, 25 de xullo, cúmprense sete décadas de vida da editorial. Estes días chega ás librerías de todo o país un número dobre da revista GRIAL centrada nos 70 anos da Editorial Galaxia. Mañá, Día de Galicia, a editora cumpre sete décadas de vida. A publicación, dirixida actualmente por Henrique Monteagudo e con Francisco Castro […]
Presentación de “O caderno de Rosalía” en Melide

O día 24 de xullo, ás 19:30 h, celebrarase, no Museo Terra de Melide, a presentación de O caderno de Rosalía, de María Xesús Blanco. Acompañando á autora, participará Francisco Castro, Director Xeral da Editorial Galaxia, e a filóloga Dolores Rodríguez Pazo. Aforo limitado para 40 persoas. O acto contará con estritas medidas de seguridade. Rosalía […]
Presentación de dous libros de Galaxia, en Nigrán

Co gallo da celebración do Día do Libro, o día 23 de xullo, celebrarase, ás 12:00 h, a presentación de Tantos anos de silencio, de Francisco Castro, e Xenealoxía dun intruso, de Isaac Xubín, na Capela de San Campio, na Ramallosa (Nigrán). Tantos anos de silencio, de Francisco Castro, é un relato violentamente fermoso. Fermosamente […]
“Poetagrafía” foi a primeira masterclass da Escola de Letras

Onte arrancou, da man de Patricia Rivas Gallego, autora do libro Prana Apana, a primeira das masterclass da Escola de Letras que auspicia a Deputación de Pontevedra e a Editorial Galaxia. Falou sobre Poemagrafía. Unha clase animada e un coloquio estupendo. Acompañando á autora, participaron no acto, a deputada de Cultura da Deputación de Pontevedra, Victoria Alonso Méndez, […]
“O último barco”, protagonista no programa Días de Mar de Moaña

O pasado venres presentouse no Concello de Moaña o programa Días de Mar ou, o que é o mesmo, o programa de festas e actividades deste concello do Morrazo durante o mes de agosto. A Editorial Galaxia foi convidada a falar no acto de presentación porque o programa gravita arredor do libro de Domingo Villar, O […]
María Rei Vilas gaña o Premio García Barros 2020

Reunido hoxe, por videoconferencia debido á situación sanitaria creada polo COVID-19, o xurado do XXXII Premio de Novela “Manuel García Barros (Ken Keirades)”, decidiu declarar gañadora a novela Flores de ferro, de María Rei Vilas. O xurado, composto por Eulalia Agrelo Costas, Carlos Lema, Armando Requeixo, Inma Otero e Carlos Loureiro, despois de ler os orixinais […]
Sinatura con Xavier Castro na Feira do Libro de Redondela

O día 17 de xullo, ás 13 h, celebrarase a sinatura de Servir era o pan do demo. Historia da vida cotiá en Galicia (Séculos XIX e XX), de Xavier Castro, na Feira do Libro de Redondela. Un traballo de investigación histórica escrito nunha linguaxe achegada ao gran público e afastada dos enfoques académicos. O autor […]
Presentación de “Sándalo” en Vigo

O día 16 de xullo, ás 20:00 h, celebrarase, na sede da Deputación de Pontevedra en Vigo, a presentación de Sándalo, de María Xosé Porteiro. Acompañando á escritora, asistirán a Presidenta da Deputación Provincial, Carmela Silva, e Francisco Castro, Director Xeral da Editorial Galaxia. Aforo limitado para 50 persoas. O acto contará con estritas medidas de […]