Le de balde o primeiro capítulo da novela de Rexina Vega

Podedes ler o primeiro capítulo da novela O estado intermedio, de Rexina Vega, publicado pola revista Tempos Novos, premendo aquí. Botade unha ollada! Este libro non deixará indiferente a ninguén. Cunha novela sublime, centrada na figura dunha filla que, morto o pai, decide entrar na casa familiar para facer desaparecer toda memoria, debuta Rexina Vega na […]

Un ano de premios

Neste ano 2020 celebramos o 70 aniversario de Editorial Galaxia, o centenario da Xeración Nós e multitude de premios que tivemos a honra de recibir. Títulos moi diversos déronnos moitas alegrías acadando premios de moito prestixio. No mes de outubro, sorprendíanos a noticia de que o poemario Atlas, de Alba Cid, recibira o Premio Nacional de Poesía […]

A Editorial Galaxia estivo presente nunha edición do Culturgal diferente

A Editorial Galaxia estivo, un ano máis, presente nunha edición do Culturgal moi diferente. A feira adaptouse aos tempos, ofrecendo moitas novidades, nun formato marcado pola semipresencialidade. Celebrouse en Pontevedra, entre os días 27 e 29 de novembro, baixo o lema En caso de emerxencia, cultura. Galaxia presentou unha programación moi variada que, no sábado 28, abrangueu […]

Media ducia de libros para desconectar nesta fin de ano

Xa está chegando o remate do ano, unhas datas para celebrar, dedicar tempo aos demais, desconectar e, sobre todo, para conectar con nós mesmos. Algo que se fai mellor na compaña dunha boa lectura para viaxar lonxe, mergullarnos noutras historias e pensamentos. Hai libros moi especiais, idóneos para despedir este 2020, entre os que destacamos: […]

Hoxe celebrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller

Hoxe, 25 de novembro, celebrase o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, unha data que debemos reivindicar cada día, pois é unha responsabilidade individual e colectiva conseguir unha igualdade real entre homes e mulleres. Son moitas e moi variadas as maneiras nas que a violencia machista exerce o poder contra as mulleres […]

A Editorial Galaxia estará un ano máis no Culturgal

A Editorial Galaxia estará un ano máis no Culturgal, nunha edición diferente que estará cargada de novidades. Celebrarase nun formato que opta pola semipresencialidade, cun aforo máximo de 50 persoas, as actividades serán retransmitidas por Internet. Será dende o día 27 até o 29 de novembro, en Pontevedra. Velaquí a programación da Editorial Galaxia: SÁBADO 28 de […]

Bieito Alonso, Premio da Crítica de Galicia na categoría de Investigación

Anaquistas galegos en América, de Bieito Alonso, gaña o Premio da Crítica de Galicia na categoría de Investigación. O xurado, que acordou outorgarlle o galardón por maioría, salienta a investigación rigorosa, propia e sintética coa que se anova, con lucidez historiográfica, a historia do anarquismo en América. Tamén destaca a visión transnacional e inclusiva da loita pola xustiza […]