Xa se pode escoitar, de balde, a música de “Lingua guapa” en todas as plataformas

A música de Lingua guapa. Cantos que contan xa se pode escoitar en todas as plataformas dixitais. Pertencente á colección Sonárbore, é un libro-disco, con textos de Fina Casalderrey, musicado por Néstor Blanco e enriquecido coas cores de Lucía Cobo, a ilustradora. Un agasallo de luxo para este nadal. Está dispoñible en Spotify, Itunes, Youtube… que […]
Presentación de “Mar de mazá”, en Vigo

O día 18 de decembro, ás 20 h, celebrarase, na Sede da Deputación de Pontevedra, en Vigo, a presentación do álbum Mar de mazá, de Elvira Ribeiro Tobío, ilustrado por Begoña G. Arce. Acompañando as autoras, asistirá Silvia Penas, poeta e performer, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Como o aforo é reducido, recoméndase […]
Entrega do Premio de Narrativa Breve Repsol 2020

O día 17 de decembro, ás 19 h, celebrarase o acto de entrega do Premio de Narrativa Breve Repsol 2020 a Berta Dávila, no salón de actos do edificio da Secretaría Xeral de Política Lingüística, en Santiago de Compostela. Acompañando a autora, asistirá o Conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez González, o videpresidente […]
Presentación de “Corazón de manteiga”, en Vigo

O día 15 de decembro, ás 20 h, celebrarase, na sede da Deputación de Pontevedra, en Vigo, a presentación de Corazón de manteiga, de Xavier Queipo. Acompañando o autor, asistirá o escritor e docente Manuel Forcadela e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Como o aforo é limitado, recoméndase confirmar asistencia no seguinte correo: galaxia@editorialgalaxia.gal […]
Presentación de “Desvendado”, en Santiago de Compostela

O día 14 de decembro, ás 20:00 h, celebrarase, no salón de actos do Pazo de San Roque de Santiago de Compostela, a presentación do libro Desvendado, de Manuel Pombo Arias. Acompañando o autor, asistirá Valentín García Gómez, secretario xeral de Política Lingüística, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. O acto contará con todas […]
Nace a Biblioteca Nós

Na Editorial Galaxia publicamos a colección Biblioteca Nós, en homenaxe aos artífices da revista Nós, celebrando o centenario da saída do prelo do seu primeiro número. Esta é unha escolma dunha decena de obras de autores como Vicente Risco, Otero Pedrayo, Ramón Cabanillas, Antón Losada Diéguez, Antón Vilar Ponte ou Castelao. Títulos como Teoría do nacionalismo galego, un dos textos […]
A Fundación Penzol recibe o Premio Cultura Galega 2020

A Fundación Penzol recibe o Premio Cultura Galega 2020 na categoría de Patrimonio Cultural. Un dos máis prestixiosos galardóns de Galicia, o cal recoñece o inmenso labor da fundación. Nada en 1963 baixo o impulso de Fermín Penzol, nos seus case 60 anos de historia contribuíu á promoción e difusión do patrimonio cultural galego desde unha biblioteca […]
Presentación do Premio García Barros 2020, na Estrada

Hoxe presentamos, na Estrada, o Premio García Barros 2020 que publica a Editorial Galaxia co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e o Concello da Estrada. No acto, ademais da gañadora, María Rei Vilas, coa súa novela Flores de ferro, participaron Carlos Loureiro, secretario do xurado, o alcalde da Estrada, Xosé López, e Francisco […]