Xesús Domínguez Dono gaña o premio á tradución nos Premios Frei Martín Sarmiento

Como lágrimas na chuvia, Premio Lazarillo 2019, de Jordi Sierra i Fabra, traducido por Xesús Domínguez Dono, gañou na 4ª categoría, dedicada á tradución, na XVIII edición dos Premios Frei Martín Sarmiento. Xesús Domínguez Dono recolleu, onte, no Salón de Actos do Mupega, o galardón que pon en valor o seu minucioso e preciso traballo […]
Presentación de “Aquí comeza o mar”, na Coruña

O venres 13 de maio, celebrarase, ás 20 h, na Fundación Luís Seoane da Coruña, a presentación de Aquí comeza o mar, Premio Blanco Amor 2021, de Blanca Riestra. Acompañando a autora, estarán a libreira Mercedes Corbillón, e Xurxo Souto, escritor e músico. O acto contará coa actuación musical de Xurxo Souto e do grupo […]
Presentación de “Florencio Delgado Gurriarán”, na Pobra de Trives

O xoves 12 de maio, celebrarase, ás 18 h, no Auditorio Julio Vázquez da Pobra de Trives, a presentación de Florencio Delgado Gurriarán. Poeta na terra, na guerra e no exilio. Antoloxía poética, de Xesús Alonso Montero. Acompañando o autor, estarán o escritor Xoán Carlos Domínguez Alberte, a alcaldesa da Pobra de Trives, Patricia Domínguez […]
A revista CLIJ destaca 4 libros de Galaxia na súa Lista de Honra

A prestixiosa revista CLIJ inclúe, na súa Lista de Honra, catro libros publicados pola Editorial Galaxia. A Lista, elaborada a partir dos máis de 300 títulos que se comparten na revista durante todo o ano 2021, reflexa os mellores libros do ano. Para lectoras e lectores de 8 a 10 anos, destacan A fuga de […]
Presentación de “Non é de Taramundi”, en Ourense

O martes 10 de maio, celebrarase, ás 20 h, no Liceo de Ourense a presentación de Non é de Taramundi, de Luís Manuel García Mañá. Acompañado o autor, estarán Decano de Maxisterio, Xosé Manuel Cid, e Tati Mancebo, directora Comercial de Editorial Galaxia. Publicada na colección Literaria, Non é de Taramundi, amosa unha España que […]
“H2… Oh!!!” gaña o Premio Follas Novas na categoría de Divulgación

María Canosa, autora de H2… Oh!!! Pingas científicas, ilustrado por Luz Beloso, recollía esta tarde o prestixioso Premio Follas Novas na categoría de Divulgación. Estes galardóns entréganse como parte dun evento cultural de carácter anual que ten por finalidade distiguir as mellores obra e iniciativas literarias de cada ano (sempre a ano vencido). Os convocadores […]
Ata onde serías capaz de chegar para defender o que máis queres?

Atopárasme medio morto. Ou completamente morto. Nunca o souben. Do que si estou seguro é de que a peor consecuencia daquel disparo foi a túa conquista. Tamén confirmei que son un covarde. Teño o recordo de verte alí, ao meu carón, pisando o meu sangue. Recoñecera os teus zapatos. Tamén a amplitude do vestido que […]
Coloquio: “Editar en otras lenguas”, en Teruel

O venres 6 de maio, celebrarase, ás 18:15 h, dentro do programa do Salón Profesional del Libro de Cella (III Endei Norte), unha conversa que leva por título Editar en otras lenguas, na que participará Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia, en compaña de representantes das editoriais Alberdania (País Vasco), Gara d’edizions (Aragón), La […]