Presentación de “Non é de Taramundi”, na Pontenova

O venres 27 de maio, celebrarase, ás 19 h, na Casa da Cultura da Pontenova, a presentación de Non é de Taramundi, de Luís M. García Mañá. Acompañando o autor, estarán Víctor F. Freixanes, Presidente da Real Academia Galega, e Darío Campos, alcalde do Concello da Pontenova, Cesar Villabrille Quintana, alcalde do Concello de Taramundi. […]
Galaxia estará na Feira do Libro do Porriño

Os autores Diego Giráldez, Marcos Calveiro, Juan Parcero, Pablo Vázquez, Denis Carballás e Rodrigo Costoya, estarán asinando as súas obras. Chega o bo tempo e con el as agardadas feiras dos libros. Eventos culturais, cheos de maxia e novas oportunidades de descubrir lecturas de todo tipo. É o caso da Feira do Libro do Porriño, que se […]
Presentación de “Son da cidade”, en Vigo

O mércores 25 de maio, celebrarase, ás 20 h, na Casa de Arriba, en Vigo, a presentación de Son da cidade, de Pablo Vázquez, ilustrado por Denis Carballás. Acompañando os autores, presentará a tradutora e profesora, Susana R. Barcia. O acto contará coas actuacións musicais de Zålomon Grass, Eladio Santos, Rubén Suárez e Óscar Avendaño. […]
Presentación de “Despois das ondas”, na Coruña

O martes 24 de maio, celebrarase, na Sala de Exposicións Municipal do Kiosco Alfonso, programada na exposición María Casares actriz océano, da Coruña, a presentación de Despois das ondas, de Ernesto Is. Acompañando o autor, estará o autor e dramaturgo Manuel Lourenzo. Publicada na colección Teatro de Editorial Galaxia, esta obra mereceu o XVIII Premio Rafael […]
Continúan chegando as mostras de condolencia polo pasamento de Domingo Villar

A través das redes sociais da Editorial Galaxia estamos compartindo todos os comentarios que están chegando da prensa galega e estatal. A túa partida, Domingo, deixou a todo o mundo da cultura e as Letras totalmente destrozado. É unha inxustiza que unha persoa tan boa e xenerosa teña que deixarnos tan cedo, e así o […]
Deixounos Domingo Villar

No día de hoxe, recibimos a tristísima nova do pasamento do noso amigo e autor Domingo Villar. A Editorial Galaxia está consternada, rota de dor, diante deste feito inxusto e terrible. A morte sempre é dura de aceptar, pero cando falamos dalguén tan novo, tan cheo de vida e alegría como foi Domingo VIllar, daquela […]
Conferencia arredor de Florencio Delgado Gurriarán, en Barcelona

Mañá, xoves 19 de maio, celebrarase, ás 15 h, na Aula 209 da Facultat de Filosofia i Lletres da Universitat Autònoma de Barcelona, unha conferencia titulada “Florencio Delgado Gurriarán: unha vida a través da lingua”. Será impartida por Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Este 2022, Galicia rendeulle homenaxe ao autor de Córgomo, dedicándolle […]
Celebramos o día das nosas Letras

Este martes 17 de maio celebramos a Florencio Delgado Gurriarán, poeta desta Galaxia, no Día das Letras Galegas. Este 2022, Galicia réndelle homenaxe ao autor de Córgomo, dedicándolle a súa efeméride máis especial. Galaxia, contribúe nesta causa incluíndo, nas súas novidades editoriais, os seus tres poemarios: Bebedeira, Galicia infinda, O soño do Guieiro, e a súa Antoloxía poética, […]