Presentación de “Os límites do crecemento”, en Santiago de Compostela

O martes 14 de xuño, celebrarase, ás 18 h, no Salón Noble do Pazo de Fonseca, en Santiago de Compostela, a presentación de Os límites do crecemento, de Donella H. Meadows, Dennis L. Meadows, Jørgen Randers, William W. Behrens III. No acto, participarán os tradutores do libro, Juan Casares Long e José A. González, reitor da […]

Presentación de “A unidade e a harmonía da realidade”, en Santiago

O luns 13 de xuño, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Couceiro de Santiago de Compostela, a presentación de A unidade e a harmonía da realidade, de Victorio Pérez Prieto. Acompañando o autor, estarán o crítico literario Armando Requeixo, e Francisco Castro, director xeral de Editorial Galaxia. Publicado na colección Ensaio de Editorial Galaxia, A unidade […]

Diego Giráldez presenta a súa nova novela este venres en Vigo

Este venres, o escritor Diego Giráldez presenta a súa nova novela O meu sangue na Libraría Cartabón de Vigo, ás 20:30 h, e estará acompañado pola escritora Anna R. Figueiredo. Durante a presentación, os autores conversarán sobre a que é a novela máis persoal do escritor. Un libro que gardou nun caixón durante 2 anos, que […]

Presentación de “A luz co tempo dentro”, en Santiago de Compostela

O xoves 9 de xuño, celebrarase, ás 19:30 h, en Afundación de Santiago de Compostela, a presentación de A luz co tempo dentro, de Xesús Rábade Paredes, organizada polo Ateneo de Santiago. Acompañando o autor, estará a cineasta, docente e conselleira da Editorial Galaxia, Margarita Ledo Andión, e Pilar Sampedro, secretaria do Ateneo de Santiago. […]

Galaxia publica “Discoteca Atlántica”, unha travesía pola vangarda musical galega

Esta semana chegará a todas as librarías de Galicia “Discoteca Atlántica. 100 discos galegos (1970-2020)”, de Marcos Gendre. Cunha portada deseñada pola ilustradora Pepa Prieto Puy, o autor achega ás lectoras e lectores, nesta reportaxe, a unha travesía polo labirinto identitario da vangarda musical galega. “Neste apaixonante volume atopamos discos que crearon na escola e […]

Inauguración de “Bebedeira de ensoños”, en Ourense

O luns 6 de xuño, celebrarase, ás 19 h, na Biblioteca Pública de Ourense, a inauguración da exposición Florencio Delgado Gurriarán. Bebedeira de ensoños, dedicada a Florencio Delgado Gurriarán, comisariada por Ricardo Gurriarán. Esta exposición é un proxecto da Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, no ano das Letras Galegas 2022 […]

Presentación de “En tempo de desconto”, en Betanzos

O martes 7 de xuño, celebrarase, ás 19:30 h, na libraría Biblos de Betanzos, a presentación de En tempo de desconto, de Xosé Ramón Pena, organizada pola Asociación Lar de Unta. Acompañando o autor, estarán Chus Ansede (Lar de Unta) e Tati Mancebo, directora Comercial de Editorial Galaxia. Atopámonos perante un autor que pertence á […]

“Maxina ou a filla espuria”, un dos mellores libros editados de España

Acabamos de saber que o Ministerio de Cultura recoñeceu, co terceiro premio, a edición do libro de Marcial Valladares, MAXINA OU A FILLA ESPURIA, como un dos mellores libros do ano na categoría de Facsímiles. En Maxina, seguindo moldes da novela folletín da época, cóntase a tormentosa e desgraciada historia de Otilia de Sancti-Petri, unha […]