Convócase o XIV Premio de poesía Victoriano Taibo

O Instituto de Estudos Miñoráns (IEM), en colaboración co Concello de Gondomar e a Editorial Galaxia, convoca o XIV Premio de poesía Victoriano Taibo, dotado con 4000 € e unha escultura conmemorativa de Fino Lorenzo. Rexerase polas seguintes BASES: 1. Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, de temática libre, non poderán ser adaptacións […]

Hoxe lembramos á escritora Juana de Vega

Tal día coma hoxe, un 22 de xuño de 1872, morría, na Coruña, a activista política, mecenas das artes, impulsora da industria e da agricultura e escritora Juana de Vega. De xullo de 1841 a xullo de 1843 desempeñou o cargo de aia da futura raíña Isabel II e da súa irmá a Infanta Luísa […]

Hoxe celebramos o Día Europeo da Música

Hoxe, martes 21 de xuño, celebramos o Día Europeo da Música, unha data que busca festexar a paixón pola música, un verdadeiro bálsamo para a vida. Fundamental e sanadora, é unha ferramenta que enriquece o noso día a día, a través da súa maxia e sonoridade. Para conmemorar a efeméride, dende a Editorial Galaxia queremos recomendarvos […]

O tempo de lecer comeza aquí

Achégase o fin de curso e con el o comezo do verán. Un momento fabuloso para ler, soñar e vivir en liberdade as oportunidades que nos ofrece a calor da tempada. Que mellor que acompañarnos deses libros que tanto tempo levamos agardando devorar? Ou descubrir algunhas lecturas novas? Dende a Editorial Galaxia recomendámosvos as seguintes lecturas: […]

Irene Rega Jul gaña o Premio Illa Nova de Narrativa 2022

A gañadora da sexta edición do Premio Illa Nova de Narrativa para menores de 35 anos convocado pola Editorial Galaxia, en colaboración co Ámbito Cultural de El Corte Inglés, foi Irene Rega Julpola novela O libro dos corazóns rotos. O xurado, composto por Ana Abelenda, Marcos Calveiro, Inma Otero, Blanca Riestra, Abel Tomé e Malores […]

A Editorial Galaxia celebra este xoves o ‘Bloomsday’, en Vigo

Este xoves 16 de xuño, celebrarase, a partir das 11:30 h, no Salón de Actos do MARCO, o BLOOMSDAY, coincidindo co centenario da publicación do Ulises, de James Joyce. Esta data rende homenaxe á figura de Leopold Bloom, ou ‘Poldy’, personaxe principal da novela de Ulises, de James Joyce; caracterizado como antiheroe, do libro. O autor, […]

Tres obras de Galaxia son finalistas no Premio San Clemente Rosalía-Abanca

Na categoría de lingua galega, as obras finalistas son Virtudes (e misterios), de Xesús Fraga, Illa Decepción, de Berta Dávila, e Flores de ferro, de María Rei Vilas. O Premio San Clemente Rosalía-Abanca salienta estas tres obras de Editorial Galaxia, que xa foron premiadas con galardóns tan importantes como o Premio Nacional de Narrativa, o […]

Marcos Calveiro, novo director de Edicións de Editorial Galaxia

No día de hoxe, o escritor Marcos Calveiro incorporarase á Editorial Galaxia como o novo director de Edicións. Marcos Calveiro, naceu en Vilagarcía de Arousa no ano 1968 e actualmente reside en Vigo. Comezou a súa carreira literaria creando obras dedicadas á literatura infantil e xuvenil. Neste campo recibiu numerosos premios como o Ala Delta, […]