A web de 'Sempre en Galiza'

Dentro dos moitos actos e accións que estes días están a celebrarse e botar a andar para conmemoriar o 70 aniversario da presentación, no Royal Albert Hall de Bos Aires o 'Sempre en Galiza', e dos que estamos a dar conta diara nesta web, así como no noso blogue e redes sociais, destaca a creación […]

Últimos días para presentar obras ao VIII PREMIO NARRATIVA BREVE REPSOL

Na ligazón á dereita destas liñas deixamos as bases correspondentes ao VIII Premio de Narrativa Breve Repsol e que permite a presentación de obras ata o vindeiro 22 de xullo. A obra gañadora será publicada pola nosa editorial. (na foto, Berta Dávila, gañadora da edición do ano pasado)

#sempreengz Hastag para conmemorar os 70 anos de 'Sempre en Galiza'

Dentro dos actos de homenaxe ao 'Sempre en Galiza' de Castelao, que ven de cumprir 70 anos, o Consello da Cultura Galega desenvolve unha serie de accións encamiñadas a un maior coñecemento do libro. Entre elas, destaca unha aplicación para dispositivos móbiles, un spot promocional e un sitio web conmemorativo que acolle as gravacións de […]

Discurso de Ramón Villares co gallo do 70 aniversario do 'Sempre en Galiza'

O pasado venres, distintas personalidades da cultura e da política do noso país rendiron homenaxe a Castelao co gallo do 70 aniversario da publicación de 'Sempre en Galiza'. Reproducimos de seguido o discurso pronunciado polo Presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares. Grazas á colaboración que desde o principio nos prestou a Fundación Castelao […]

Día das Letras Galegas a Xosé Filgueira Valverde

Nado en Pontevedra en 1906 e finado na mesma cidade en 1996, Xosé Fernando Filgueira Valverde foi membro fundador do Seminario de Estudos Galegos, director do Museo de Pontevedra, alcalde da mesma cidade e, xa na democracia, conselleiro de Cultura. Escritor prolífico e dotado dunha grande erudición, a súa inxente produción abrangue unha ampla diversidade […]

Éxito na presentación de XIQUI XOQUE, FIÚ FIÚ! na Coruña

Onte non había sitio nin para un mosquito aínda que fose moi delgado porque foron moitísimos os nenos e as nenas que quixeron achegarse ata a Biblioteca Monte Alto para compartir unha marabillosa viaxe no tren da alegría. No noso blogue deixamos unha completa mostra fotográfica desta xornada de luz e felicidade.