Ledicia Costas

Un libro matrioska A boneca de Blanco Amor non é un libro, é un libro-matrioska. No seu interior, ente as curvas e liñas das letras, están agochados outros libros, e outros, e outros. Ti vas chegando a eles, mais, cando pensas que xa está, que abriches a derradeira boneca desa matrioska, aínda atopas algo máis […]

Presentación de "O meu pesadelo favorito" en Compostela

María Solar presenta "O meu pesadelo favorito", o marabilloso libro co que gañou o Premio Lazarillo 2014, na Libraría Couceiro de Compostela mañá xoves ás 20h. Acompañarana Henrique Monteagudo, Xabier Díaz e Francisco Castro. Estades todas e todos convidados!

A maleta de Victoria Kent sigue a súa viaxe

Sae do prelo a segunda edición de A maleta de Victoria Kent, a última novela de Xerardo AgraFoxo. Un apaixoante libro que conta a historia de Liberto, un obreiro anarquista comprometido coa loita sindical ao que, co triunfo do golpe militar en Galicia, só lle quedarán dúas saídas para salvar a vida: entobarse entre os […]

Conversa con Santiago Lopo no Café de Catro a Catro

O escritor Santiago Lopo, gañador da última edición do Premio de Narrativa Breve coa obra A diagonal dos tolos, manterá mañá mércores a partir das 19h no Café de Catro a Catro de Vigo un encontro cos lectores e lectoras que o desexen. Organiza o acto ALITERACLARA OBRADOIROS LITERARIOS, 4 PATACOS e EDITORIAL GALAXIA.

Máis 'Instrucións para tomar café'

Que un libro de Manuel Núñez Singala sexa un éxito non é algo que nos sorprenda especialmente. Tanto coas súas obras de teatro, como de corte sociolingüística ou xuvenil ou adultos, os libros deste autor coñecen sucesivas edicións porque gozan do favor unánime de público e crítica. Por iso estes días chega, a pesar de […]

Os amigos de Santi e De como Chispo o esquío puido co frío, en Lugo

Mañá sábado ás 12h30 Araceli Gonda e Toño Núñez presentarán na librería Trama de Lugo os seus últimos libros: Os amigos de Santi e De como Chispo o esquío puido co frío. Acompañaráos o editor Francisco Castro nun evento especial no que tampouco faltarán a maxia de Carlos Coira e a música de Miguel Alonso. […]

Quinta reimpresión de Circe ou o pracer do azul

A reescrita en clave feminista da historia de Penélope e Circe, tecida no 2009 pola xornalista Begoña Caamaño segue a engaiolar ao público galego. Ven de saír do prelo a quinta reimpresión de Circe ou o pracer do azul, apaixoante historia de dúas mulleres destinadas a odiarse e que aprenden a coñecerse e a amarse […]

Galicia e o cine

O último número da revista GRIAL dedicámolo aos 25 anos do cine en Galicia. Por unha banda, cúmprese un cuarto de século do noso cine moderno, por outro, celebramos a estrea de A Esmorga, a fita na que Vía Láctea Filmes, a Televisión de Galicia e a Editorial Galaxia uniron esforzos para levar á gran […]