Libros sobre o mar en Vigo

Hoxe mércores os actos da Editorial Galaxia na Feira do libro gravitarán arredor do mundo do mar, dalgunha maneira. Comezaremos ás 19 horas co debut literario de Manuel Sánchez Gálvez quen presentará, abeirado polo editor Francisco Castro, a súa primeira novela, publicada na colección Costa Oeste, 'Mäelstrom, Mäelstrom", unha novela na que o mar de […]

Ramón Nicolás

É este un libro alleo a saudosismos, dominado tanto por un alento lírico como por unha pulsión xeracional, concibido para abordar o que a vivencia deses anos nese lugar supuxo para a construción identitaria. Unha proposta que dialoga non só con voces que afortalan un discurso do pensamento (Goethe, Bataille, Hume…) ou con aquelas que […]

Oviravai e Camilo Nogueira, hoxe martes en Vigo

Continúan os actos da Editorial Galaxia dentro da Feira do Libro de Vigo. A proposta para hoxe martes abrangue a todas as idades pois principiaremos ás 19 horas coa presentación do libro-disco AS ANDANZAS DE PAIO a cargo do grupo vigués Oviravai. Participarán dous dos seus membros, Verónica Santalices e Federico Welicki, quen, en acústico, […]

Antonio García Teijeiro e Inma López Silva presentan as súas novas novelas en Vigo

A escritora Inma López Silva e o escritor Antonio García Teijeiro presentarán o luns as súas novas novelas publicadas na nosa editorial, no marco dos actos que Galaxia desenvolve na Feira do Libro de Vigo. Así, ás 19 horas, Antonio García Teijeiro, que tamén pronuncia o pregón inaugural este venres ás 12'45 horas, estará acompañado […]

Fin de semana de vermú, larpeiradas, peixes e mariscos en Ribadeo

A participación da Editorial Galaxia durante esta fin de semana na Feira do Libro de Ribadeo ten un algo culinario ou, cando menos, de mesa e mantel. Porque os tres actos que organizamos alí implican a mesa e o mantel. Mañá sábado, o escritor Francisco Castro participará, ás 13 horas e acompañado polo concelleiro de […]

Teatro infantil para abrir a Feira do libro de Vigo

Este ano a Feira do Libro de Vigo trasládase á Porta do Sol. Coma sempre, a nosa editorial terá unha importante presenza cunha morea de actos que darán comezo mañá ás sete do serán coa presenza de Raquel Castro, autora de 'As terapias da doutora Ledicia' e Carlos Labraña, responsable de 'Moito Morro Corporation Sociedade […]

A nova novela de Charo Pita

Charo Pita é unha das narradoras fundamentais da nosa LIX. Con Xoán Curiel publicou en Galaxia o libro-disco 'Estamos no verán' e agora volve á actualidade literaria cunha novela que publicamos na nosa colección Árbore 10 anos. Nesta nova obra, Charo Pita Pita volve ofrecernos unha historia chea de aventuras e aprendizaxe, onde os animais […]

Convocada a X edición do Premio Narrativa Breve Repsol

A Fundación Repsol e a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria convocan a X edición do Premio Narrativa Breve Repsol. O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, e o vicepresidente de Fundación Repsol, Ignacio Egea, asinaron onte a renovación do convenio de colaboración que ambas as dúas entidades manteñen desde o […]