Presentación de AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA en Bueu

O mércores 13 de xullo, a sede de Argo Navis acolle ás 21 horas a presentación do novo libro de Francisco Castro, Amor é unha palabra coma outra calquera, nun acto organizado pola Libraría Miranda. Desta novela, no blogue literario Páginas de Nieve, díxose: "Pode que esta sexa unha novela de amor e tamén de […]
O Día das Letras Galegas de 2017 estará dedicado a Carlos Casares

Todos os Días das Letras Galegas son importantes, pero este, para a Editorial Galaxia, sen dúbida, éo moito máis, porque Carlos Casares é a historia de Galaxia e non se pode entender Galaxia sen a obra literaria e o facer intelectual de Carlos Casares. A totalidade da súa obra literaria está en Galaxia, o seu […]
O fillo de don Paco

Para moitos limiaos, Carlos Casares sempre foi o fillo de don Paco, un home entrañable que nos deu clase a moitos rapaces de Xinzo. Carlos, herdeiro natural desa xenerosidade que só recae nas boas persoas, reunía as virtudes do pai e, amais dun excelente escritor, era un gran xestor cultural, un humanista conciliador, un home […]
Marilar Aleixandre, académica de número electa da Real Academia Galega

No Pleno da RAG do pasado sábado, no que se decidiu homenaxear a Carlos Casares do Día das Letras Galegas 2017, tamén foi elixida académica de número electa María Pilar Jiménez Aleixandre (Madrid, 1947) para ocupar a vacante producida polo pasamento, o pasado 27 de novembro, de Xosé Neira Vilas. Coñecida como Marilar Aleixandre, é […]
Nova edición para a Historia de Galicia

Foi o libro máis vendido na pasada Feira do Libro de Buenos Aires. E se esperta interese nos galegos e galegas de fóra, hai ben de anos que non esperta menos nos de aquí. A 'Historia de Galicia' de Ramón Villares é un clásico dos nosos días, un ensaio fundamental xa dende o intre da […]
Presentación da nova novela de Inma López Silva en Santiago

Acompañada da tamén escritora María Solar e do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes, a escritora Inma López Silva presenta a que segundo ela mesma é a súa "novela máis ambiciosa" e que titulou 'Aqueles días en que eramos malas'. Con esta publicación, a autora conmemora 20 anos na literatura galega. Na ligazón á […]
Arredor de Camilo Nogueira en Vigo

O compromiso do galeguismo coa idea de Europa, fundamentado na tradición da xeración Nós, a necesidade de forzas políticas propias para construir Galicia, e o cariño dos amigos, moitos deles presentes no acto, foron as tres referencias básicas da presentación do libro "Camilo Nogueira. Pensar Galicia, pensar o mundo" na Feira do Libro de Vigo. […]
Publicamos A INVESTIGACIÓN EDUCATIVA EN GALICIA 2002-2014

Xa está nas librerías galegas un ambicioso ensaio, en edición de Miguel Anxo Santos Rego cuxo título é ben descritivo do seu contido: A INVESTIGACIÓN EDUCATIVA EN GALICIA 2002-2014. Estamos diante dun estudo exhaustivo que pon sobre a mesa unha análise comprometida da realidade profesional e social no eido educativo en Galicia. Este volume é […]