A Fundación Otero Pedrayo entrega o Premio Trasalba 2006 ao grupo Milladoiro

O galardón subliña a traxectoria e o compromiso do grupo como alma sonora de Galicia dende hai xa 28 anos e a súa contribución á difusión da música e a cultura galegas por todo o mundo. Durante o acto literario, ao que asistiron o vicepresidente da Xunta de Galicia, Anxo Quintana, a conselleira de Cultura […]
Manuel Veiga gaña o premio García Barros de novela que un ano máis publicará Galaxia

A novela gañadora do premio García Barros 2006 chegará ás librerías da man de Editorial Galaxia. Lois e Helena buscándose nun día de tormenta, título co que Manuel Veiga acadou este galardón e terceiro publicado polo autor monfortino, caracterízase polo coidado estilístico da prosa e por unha trama narrativa que reflicte a despersonalización da sociedade […]
Francisco Castro que editou en Galaxia "Xeración perdida" gaña o Premio Blanco Amor de Novela que tamén Galaxia sacará do prelo.

Spam, aceda historia dun empresario que só pode romper a súa soidade no territorio virtual, é o título da novela coa Francisco Castro (Vigo, 1966) que conseguiu a última edición do Premio Eduardo Blanco Amor de Novela, convocado polos concellos galegos e dotado con 12.000 euros. A novela, presentada baixo o lema "Punto com", é […]
Paul Auster, levado ao galego por Galaxia co seu "Brooklyn Follies", é galardonado co Principe de Asturias das letras 2006.

Galaxia verque ao galego a obra de Auster, distinguido hoxe co Premio Principe de Asturias das letras. Logo do éxito obtido pola publicación, en galego antes que en castelán, de Brooklyn Follies, a última novela do galardonado, Galaxia vai continuar editando a obra do escritor e anuncia para o 2007 a súa próxima novela: Travels […]
Presentación de "Xelamonite", de Luís Paradelo

Unha novela distinta, esixente e crítica. Unha nova aportación ao discurso literario galego, que agradece a aparición de voces novas. Moi poucas veces a literatura galega abordou esta cuestión. Nestas apreciacións coincidiron as tres persoas que participaron na presentación da novela Xelamonite, de Luís Paradelo: Carlos Fernández, Manuel Vidal Villaverde e o editor Carlos Lema. […]
"Spam", Premio Blanco Amor 2005, presentada en Neda

Na fermosa Casa das Palmeiras de Neda tivo lugar a presentación da novela gañadora do último Premio Blanco Amor, Spam de Francisco Castro, que como cada ano publica Galaxia. Ante a presencia de autoridades coma o Vicepresidente da Deputación da Coruña, Xaime Bello, e representantes do Concello de Cedeira, encargado da organización do premio na […]
Xosé Antonio Neira Cruz gaña o Premio Lecturas 2006

Este premio foi creado pola Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil (GÁLIX) co propósito de estimular a lectura e a imaxinación entre a infancia e a adolescencia e apoiar as actividades de animación á lectura que se realizan nas bibliotecas galegas, xa que son os propios lectores os que elixen os premiados. Nacido en […]
Presentación de "A bisneta lercha" en Lugo

Círculos Líticos organizou este acto como parte da súa sección "Lendo libros, Lendo libres". A presentación do libro de Paco Martín, que tivo lugar no salón de actos do centro socio-cultural Uxío Novoneira, da cidade de Lugo, foi elixida a primeira dunha longa serie de actividades destinadas a achegar a lectura ao público. A presentación […]