Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

As Árbores de Galaxia están repletas de froitos este ano. Novos libros para todos os banzos lectores, pero tamén libros de sempre que recuperamos en novo formato. Para que non se escape ningunha das novas árbores e poidades ter en conta o bosque completo que, dentro da literatura infantil e xuvenil, Editorial Galaxia foi configurando […]

A Cabalgata de Vigo dedícase á literatura

Neste sentido o cortexo inclúe unha carroza de apertura cun gran libro e o texto "Unha Ría de sons e ilusións"; xunto coa incorporación de grupos de animación con letras que forman mensaxes. As carrozas reais, decoradas con motivos literarios, presentan as seguintes lendas segundo a súa temática: Melchor, de "Érase unha vez un Reino"; […]

‘Escritores para un país’

Na presentación do acto, Fran Alonso recordou que a literatura é a única arte que non pode prescindir da lingua, pois constitue o corpo do que se nutre, unha gozosa esixencia que enfronta aos autores galegos a problemas ligados ao estatus da súa lingua. Chega o escritor galego ao público? Poden as súas obras chegar […]

A edición galega segue apostando en futuro

Coordinados pola profesora e crítica literaria Dolores Vilavedra, participaron na mesa redonda Xosé Ballesteros (Editorial Kalandraka), Alfonso Sanmartín (Editorial Rodeira e actual presidente da Asociación Galega de Editores), Carlos del Pulgar (Galicia Nova), Miguel Anxo Fernán-Vello (Espiral Maior) e Manuel Bragado (Edicións Xerais de Galicia). A mesa redonda, centrada nos problemas e nos horizontes da […]

"Así nacen as baleas". Premio REPSOL

Non cabía unha agulla. A fundación vestiuse de festa. Anxos Sumai confirma unha excelente traxectoria como narradora, que comezara con Anxos da garda (2003) e mais con Melodía de días usados (2005), e o público así o celebrou. Xosé Luis Axeitos, membro da Real Academia Galega e secretario do xurado do premio, invitou con entusiasmo […]

Libro e mercado

Son dúas xornadas intensas: xoves e venres. As sesións celébranse, como todos os anos, na sede do Consello da Cultura Galega e reúnen especialistas de dentro e de fóra de Galicia. Silvia Querini (editora) fala das relacións entre libro e mercado e Antonio G. Iturbe (subdirector da revista Qué leer) intenta responder á pregunta de […]

Presentación de "Unha falsa luz" en Bruxelas

O autor foi precedido na palabra por Manuel Pueyo, secretario da Couto Mixto, quen explicou o significado do acto para a asociación. A seguir falou o escritor Xavier Queipo, poeta oficial da cidade de Bruxelas, quen fixo glosa e laudatio da obra e do autor. En resumo, veu dicir que a novela presentada xunto coas […]

Alfonso Zulueta, Premio IURISGAMA

Preside a Asociación de Xuristas Galegos o catedrático de Dereito Mercantil da Universidade Complutense Carlos Lema Devesa e a entrega do premio se realiza en Madrid, no Senado, xunto co Premio Montero Ríos, que tamén promove a devandita institución. IURISGAMA constituíuse en Madrid no ano 1996 a partir dun amplo colectivo de profesionais relacionados co […]