Unha boa nova para a lingua

Sen dúbida, é unha boa nova para a lingua de nós, tan necesitada de noticias esperanzadoras. Segundo os expertos das Nacións Unidas, o galego estaría a salvo, entre outras cousas, porque os nenos o aprenden como lingua nai. Este dato subliña a importancia da presenza da nosa fala nos programas educativos e como unha lingua […]

A narrativa galega en Cuba

Trala visita do ano pasado da delegación galega, este ano a nosa literatura terá tamén unha presenza importante. Na illa caribeña os nosos autores participarán en diversos actos como conferencias e presentacións de diversos libros. A Feira da Habana ten como lema este ano "Ler é crecer" e o país convidado é Chile. Durante esta […]

Presentación de "Shakespeare destilado" en Pontevedra

O acto, organizado polo Ateneo de Pontevedra e Editorial Galaxia, contou coas intervencións de Xaime Toxo, presidente do Ateneo, Carlos Lema, director de edicións de Galaxia, Antón Riveiro Coello, escritor, e o autor protagonista, Xesús Constela. Riveiro Coello destacou a capacidade para imaxinar de Constela, e interrogouno sobre as orixes desta novela, na que xoga […]

Universo Pratt

A partir das catorce entrevistas con Dominique Petifaux, o propio Hugo Pratt percorre os procesos de creación das súas case nove mil pranchas de debuxos, desde As de picas aos seus álbumes de Corto Maltés, personaxe de culto por excelencia do último terzo do século XX. O libro, aparecido por primeira vez en Francia no […]

Presentación dos fondos de Galaxia en Google Books

No acto participarán Luis Collado, responsable de Google Book Search España, Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, o crítico literario Arturo Casas, e o coordinador de novos proxectos da editorial, Francisco Castro. Hai meses anunciamos o acordo entre a Editorial Galaxia e a empresa transnacional Google para a difusión mundial dos seus fondos literarios […]

Galaxia en Google Books

Rodeados de amigos e amigas da editorial e de moito público interesado, comezou o acto coas palabras do director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes quen explicou que o acordo supuña "un salto cualitativo" na vida da editorial. Definiu o acordo con Google Books como un dos fitos máis importantes no eido da difusión da […]

UNIVERSO LECTOR

Todo escritor está irremediablemente encadeado aos seus gustos literarios. Máis ca en influencias ou en reaccións penso no feito de que un sempre escribe os libros que anceia ler, ata o punto de que as lecturas alleas marcan tamén as coordenadas da obra propia. Relacionando ambos os dous datos é posible coñecer o universo que […]

O acordeón

Bob Dylan saca novo disco: Together Throungh Life. Na entrevista de lanzamento manifesta especial cariño por un instrumento do que, até o de agora, fixera escaso uso: o acordeón. Di que é a un tempo orquestral e persuasivo. Nunca reparara nas virtudes flexibles do acordeón, pero escoitándoo con calma demostra a súa natural capacidade para […]