xxx
xxx
Faleceu Xan Bouzada

Bouzada, nado en Lugo o 1 de decembro de 1951, era doutor en Socioloxía e profesor titular do Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e Filosofía da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación da Universidade de Vigo. Incorporouse á redacción de GRIAL en 1989, na etapa que dirixiu Carlos Casares, e á que pertenceu ata […]
Loito

Peregrinamos á tumba de Machado en Collioure ou á de Rilke en Roron na montaña suíza. Parécenos estar alí máis preto dos seus versos. Con todo, os nosos mortos deben darnos medo e desfacémonos deles coa prontitude dunha viaxe do Ave, non da ayahuasca. O morto pasa dos brazos sedantes da Seguridade Social ás lapas […]
E son galegos

Poucas veces adoita falarse publicamente dos efectos positivos que o ensino –concepto moi xeral e aberto que, aínda en menos ocasións, se concreta e recoñece no (in)tenso labor de responsabilidade educativa e instrutiva que asume maioritariamente o colectivo profesional docente- achega á formación da sociedade. Mediaticamente, a docencia parece ser a profesión que dá acubillo […]
Si, pero non

Pasaba o señor de Ombreiro pola rúa cando observou que unha velliña, anicada, buscaba algo na escuridade. -“Que perdeu logo, señora?” –“Ai, señor, que había perder, un peso, rolou e non o atopo!” –respondeu. O señor de Ombreiro sacou da carteira un billete de mil pesetas, prendeulle lume co chisqueiro e alumou á mendiga para […]
Galicia, unha economía europea
Se onte falabamos dos libros de Camilo Nogueira, esenciais a súa lectura a unha semana escasa das eleccións europeas, hoxe é tempo de lembrar outra das novidades que Galaxia vén de publicar na súa colección Ensaio arredor da temática Europea. "Galicia, unha economía europea" é unha obra que sae das mans de Albino Prada Blanco […]
A OEPLI selecciona 4 libros de Galaxia para a Bienal de Ilustración de Bratislava

Para a Bienal de Ilustración de Bratislava, a OEPLI seleccionou 15 libros de todo o Estado, dos cales 4 están publicados por Editorial Galaxia. Falamos de "Eu tamén son fonte", de Teresa Moure, ilustrado por Leandro Lamas, que tamén deu lugar a unha exposición itinerante que agora percorre o país e na que se implicaron […]
Murakami: primeiro en galego

O novo libro de Haruki Murakami, titulado Do que estou a falar cando falo de correr, sae en galego publicado por Editorial Galaxia. A tradución, feita directamente desde o xaponés por Mona Imai e Gabriel Álvarez Martinez, estará nas librerías galegas primeiro ca edición en castelán, tal como aconteceu con Tras do solpor, a súa […]