Presentación do libro de Elena Poniatowska

Onte, a escritora mexicana recibiu no Paraninfo de Fonseca, en Compostela, o galardón de Escritora Galega Universal que concede a Asociación de Escritores en Lingua Galega. No acto, o escritor Manuel Rivas deu lectura á laudatio nun acto solemne no que estiveron presentes, entre outros, o Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, Roberto Varela. […]

Actos arredor de Piñeiro en Barcelona

A figura poliédrica e sempre suxestiva de Ramón Piñeiro é homenaxeada tamén desde hoxe en Barcelona. Entre outras actividades, celebrarase unha mesa redonda baixo do título "Ramón Piñeiro e as relacións con Cataluña", coa intervención de Basilio Losada, catedrático de Filoloxía galego-portuguesa na UB, José Antonio González Casanova, catedrático de Dereito Constitucional, e Víctor Fernández […]

Premio da Crítica para Henrique Monteagudo

O profesor e investigador Henrique Monteagudo, vén de ser recoñecido co Premio da Crítica a pasada fin de semana na modalidade de Investigación, un galardón máis que vén a sumarse aos moitos que xa atesoura despois de tantos fecundos anos de traballo. Henrique Monteagudo, codirector da revista GRIAL, recibiu tan prestixioso galardón polo seu traballo […]

Galicia na Feira do Libro de Buenos Aires

Tamén actuou a orquesta "Treboeiro", composta por fillos e netos da colectividade galega, na sala Jorge Luis Borges do recinto ferial e ante un público de arrerdor de cincocentas persoas. Era a primeira vez que Galicia recibía este tratamento na Feira do Libro de Buenos Aires, pola que está previsto que pasen arredor de 1.300.000 […]

Olladas sobre Ramón Piñeiro

O novo número da revista GRIAL presentarase hoxe na Fundación Torrente Ballester de Santiago (rúa do Vilar, 7) ás 20 horas. No acto intervirán os codirectores da revista, Víctor F. Freixanes e Henrique Monteagudo, na compaña de Justo Beramendi, Carlos Fernández, Andrés Torres Queiruga e Damián Villalaín. Dado que o 2009 é o Ano de […]

Premios para Tosar, Nogueira e Castro

Esta longa fin de semana foi fecunda no que a premios literarios se refire. Por unha banda, o venres, o coordinador de novos proxectos de Galaxia, Francisco Castro, recibía, por segunda vez (o anterior fora no 2006 por "Un bosque cheo de faias"), o premio literario Frei Martín Sarmiento, que conceden escolares de toda Galicia […]

"A noite dos animais" que viaxan fóra

"A noite dos animais" de Agustín Fernández Paz, editada na colección Árbore 8 anos, coñece estes días unha edición en castelán. Despois do éxito acadado entre os pequechos e pequechas de Galicia, os lectores en lingua castelá poderán tamén gozar da historia dunha nena moi particular á que lle acontecen cousas non menos particulares. O […]

Camilo Nogueira, premio Antón Losada Diéguez

O escritor e político Camilo Nogueira recibiu esta fin de semana o galardón Antón Losada Diéguez pola súa obra "Europa, o continente pensado" no apartado de Ensaio e Investigación. No apartado de Creación Literaria, a merecedora do premio foi Chus Pato, co seu libro "Hordas de escritura". O xurado estivo integrado por representantes da Real […]