Galicia na Feira de Guadalajara

Galicia podería ser a cultura invitada á Feira do Libro de Guadalajara (FILE) no ano 2012. Así o comunicou a directora do certame aos representantes dos editores galegos e mais ao director xeral de Promoción Cultural da Xunta de Galicia nunha xuntanza concertada a tal efecto. Nesta edición a Feira estivo dedicada á cidade de […]
Marilar Aleixandre, letra E da AELG

A homenaxe 'O Escritor na súa Terra', impulsada pola Asociación de Escritores en Lingua Galega, chega no 2010 a súa XVI edición recaendo, por decisión unánime da súa asemblea de socios e socias, na figura da escritora Marilar Aleixandre. Esta iniciativa anual conforma xa unha tradición na traxectoria da asociación, e tense constituído como unha […]
Inauguración da exposición GALICIA 25 na Coruña

A exposición GALICIA 25 que conmemora o cuarto de século do Consello da Cultura Galega e que xa itinerou pola práctica totalidade das cidades galegas, abre hoxe na cidade herculina. O acto de inauguración contará coas intervencións do presidente do Consello da Cultura Galega, Ramón Villares, o director da Obra Social de Caixanova, Guillermo Brea, […]
La noce

Hoxe cúmprense 30 anos do pasamento de Eduardo Blanco Amor, autor dunha ampla obra literaria e fotográfica mais que conseguiu un nome de seu na historia da nosa literatura grazas a 'A esmorga', para moitos, a obra máis importante da novelística galega de todos os tempos. Xa que logo, hoxe é un día máis que […]
Un mes co galego a debate

Dende hoxe e durante todo o mes de decembro, o profesor e investigador Henrique Monteagudo protagonizará o espazo do noso blog que titulamos 'Balcón de libros' e que permite aos autores e autoras manter un coloquio cos seus lectores e un encontro con eles. Neste mes de Nadal, o libro escollido é 'As razóns do […]
Contos para ler e escoitar

'Os sete cabuxos', 'Branca de neve e os sete ananos', 'O galo Quirico' e 'Os catro amigos' son os catro primeiros títulos escollidos pola nosa editorial para presentar a colección 'Audiocontos' que hai unhas semanas chegaron ás librerías de toda Galicia. Presentados no seu día na feira Achegarte, están a ter moi boa acollida nas […]
Yo tamién soi fonte

A pasada fin de semana, nun acto auspiciado por 'Amamantar', organización asturiana de apoio á lactancia materna, e a Concellería de Igualdadade do Concello de Xixón, presentouse en sociedade a versión bilingüe bable-castelán, do libro de Teresa Moure, 'Eu tamén son fonte' ilustrado por Leandro Lamas e que protagonizou, durante todo 2008 e o que […]
Presentación de A PRAIA DOS AFOGADOS en Nigrán

Co salón de plenos do Concello de Nigrán ateigado, presentouse onte a novela nun acto no que participaron, ademais do autor, o director literario de Galaxia, Carlos Lema, e o concelleiro de cultura Anxo Valverde Pino. Ao remate houbo un animado coloquio dos asistentes co autor, quen tamén tivo a oportunidade de asinar exemplares tanto […]