Presentación da nova novela de Manuel Portas en Santiago

A presentación de "Lourenço, Xograr" de Manuel Portas, premio Manuel García Barros de Novela 2015 celebrarase o 10 de decembro ás 20,00 horas no Airas Nunes de Compostela. Ademais do autor e o editor, Víctor F. Freixanes, intervirá a crítica literaria Gracia Santorum. No seu día, o xurado destacou a contribución da novela á divulgación […]

Presentación de "Ramón Piñeiro. Fotobiografía"

Henrique Monteagudo presentará o libro "Ramón Piñeiro. Fotobiografía" dentro das XORNADAS, "LINGUAS PENINSULARES HOMENAXE A RAMÓN PIÑEIRO E KOLDOMITXELENA NO SEU CENTENARIO" e que se celebrarán o 10 e 11 de decembro 2015 no Consello da Cultura Galega e que organizan, ademais desta entidade, o Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades. Ramón Piñeiro […]

COMA UN PAXARIÑO…

Balbino, Moncho e o noso querido Tomás quedaron orfos; orfos de pai e orfos dun amigo creador que a través deles fixo que moitos nos achegásemos de nenos por primeira vez á literatura galega, á escrita en galego. Pachín non deixa de ouvear. Non deixa de ouvear na paraxe da estrada a Santiago onde “espera […]

Mércores de presentacións

Á volta do Culturgal a actividade da Editorial Galaxia vai seguir sendo moi intensa. Así, o mércores 9 de decembro, e tras a ponte da Constitución, a nosa editorial ten preparadas dúas presentacións de dous libros ben diferentes pero que poden ser perfectos para agasallar neste Nadal. Por unha banda, a reposteira do programa da […]

Fin de semana no Culturgal

Como todos os anos Editorial Galaxia estará hoxe presente co seu stand en Culturgal, a feira anual da cultura galega que dende hoxe e ata o domingo se celebra en Pontevedra. O mundo editorial, audiovisual, musical, plástico, etc., ten una cita na vila do Lérez e, un ano máis, Galaxia estará presente co seus espazos […]

Conversa con Antón Riveiro Coello, autor de 'Os elefantes de Sokúrov'

O Espazo Libro será o lugar onde o xornalista Ramón Rozas manterá unha conversa con Antón Riveiro Coello arredor da súa nova novela, 'Os elefantes de Sokúrov'. Sen dúbida, será unha conversa ben interesante pois, hoxe mesmo, no perfil de facebook do xornalista e crítico literario podía lerse "Fascinado polo libro de Antón Riveiro Coello […]