Faleceu Xosé Fernández Ferreiro

Nado en 1931 no concello de Nogueira de Ramuín, foi un destacado membro do grupo Brais Pinto. O autor de ‘Morrer en Castrelo de Miño’, ‘A saga dun afiador’ e ‘Agosto do 36’, pola que recibiu o premio Xerais en 1991, foi autor dunha extensa obra narrativa. Iniciou a súa andaina literaria como poeta en […]

Terceira edición para 'A lúa da colleita'

No ano 2013, unha autora xa consagrada nas nosas letras coma Anxos Sumai obtiña o Premio de Novela Manuel García Barros con 'A lúa da colleita'. Meses despois era publicada na nosa editorial e, dende aquela, non deixou de estar nunca entre as lecturas predilectas das lectoras e lectores de Galicia. Por iso, estes días […]

Presentación en Compostela de Romaría de HIstorias

Hoxe martes, día 15 de decembro, preséntase en Compostela a última novela de Xosé Neira Vilas, Romaría de Historias, cuxo lanzamento preparaba con ilusión o autor de Gres antes do seu pasamento. Mantense a cita que el mesmo fixara, o día 15 ás 20h na Libraría Pedreira, cun acto de recordo no que participarán o […]

Conversa con Berta Dávila, gañadora do Premio Guillermo de Baskerville

Comezamos cun tópico. Que supón para vostede recibir este premio? Aínda que non só, escribimos na procura do lector. Recibir un premio que vén dos ollos de lectores apaixonados pola literatura é estimulante. Tamén o é polo feito de que alguén acollese a Emma Olsen fóra de Galicia. Pódese escribir desde o galego para todo […]

Finou en Lisboa Antonio Tabucchi

Onte finou, levado por un cancro contra o que batallou duramente, o escritor italiano Antonio Tabucchi, afincado en Portugal dende hai moitos anos. Precisamente no país luso acontece a trama da novela que o faría muldialmente coñecido en todo o mundo, 'Afirma Pereira' e que a nosa editorial publicou no ano 1994. Ademais da calidade […]

Presentouse 'Ramón Piñeiro. Fotobiografía'

Onte no Consello da Cultura Galega e no marco dunhas xornadas arredor de Ramón Piñeiro e Koldo Mitxelena no marco de cadanseu centenario, Henrique Monteagudo presentou a fotobiografía dedicada a un dos fundadores da nosa editorial. Esta publicación é un exemplo da colaboración entre entidades xa que nela participaron a Xunta de Galicia, o Parlamento […]

Presentación do novo receitario de Merchi Rodal en Vilagarcía

Logo da presentación onte en Pontevedra do seu novo receitario de sobremesas, a reposteira do programa da TVG, 'Larpeiros', presentará o seu novo traballo NOVAS LAMBETADAS DUNHA LARPEIRA FELIZ acompañada do editor Francisco Castro. O acto desenvolverase en Espazo Lector Nobel de Vilagarcía ás 19.30 h. En "Novas lambetadas dunha larpeira feliz" recóllese un amplo […]