Héitor Mera

POR QUE NON APRENDO? Cando comeza a albiscarse algún problema na educación dos fillos/as, os pais e nais tenden a preocuparse. Os sentimentos son de inseguridade, medo e negación nalgúns casos… As dificultades da aprendizaxe son unha realidade lapidaria para moitos pais e nenos e ao mesmo tempo unha nebulosa, unha abstracción coa se senten […]
Baixar do tren

Din os versos dunha das miñas cancións favoritas que hai xente que vive e aprende e algunha xente só vive e vive. E que certo é! Podemos velo simbolizado nas inmensas rúas ateigadas de xente que te arrastran no seu arroutado camiñar, como glóbulos na circulación sanguínea, rúas como arterias de xente bombeada por un […]
Presentación en Allariz de O SEGREDO DE MARCO POLO
Francisco Castro presenta a novela 'O segredo de Marco Polo'. Estará acompañado pola dramaturga, actriz e escritora Nati Borrajo. Unha reportaxe nunha revista de historia serviulle de inspiración ao escritor vigués Francisco Castro para esta novela, dirixida a un público xuvenil e que publicou no verán pasado e que xa vai pola segunda edición. En […]
O SON DAS ONDAS. O VIGO MEDIEVAL E A LÍRICA TROBADORESCA

O pasado de 13 de maio foi presentada aos medios de comunicación a exposición "O son das ondas. O Vigo medieval e a lírica trobadoresca", que ficou instalada no Museo da Cidade "Quiñones de León", de Vigo, coñecido popularmente como Museo de Castrelos. A exposición, organizada pola Concellería de Patrimonio Histórico do Concello de Vigo, […]
Os contos curriculares

Son mestra dende hai máis de vinte anos; desde os meus comezos moito cambiou o conto na literatura infantil. Cando empecei -ben pola miña inexperiencia, descoñecemento, ou pola escaseza- só unha vez á semana líamos un conto, moitos deles eran os mesmos que escoitara na miña infancia. Se quería contárllelo en galego, non tiña outra […]
Bibliotecas vivas

Aínda lembro cando escribín aquel libriño, O libro na escola: as bibliotecas escolares e de aula, editado pola Xunta. Eran tempos difíciles nos que había que achegar os libros ao noso alumnado. Tempos, iso si, que apuntaban á esperanza. Recordo os primeiros pasos dados no noso centro neste sentido: exposicións de libros (prestados por algunha […]
Francisco Castro

A Semana Santa foi para min Semana de Paixón, mergullado nas páxinas da ‘Antoloxía poética’ que preparou, sobre os versos de Lois Pereiro, Daniel Salgado. Versos que xa coñecía. Que xa lera e discutira e analizara e reflexionara. Mais nunca así, en xeito de peneirada proposta. Que arroxa nova luz. Como se xa fose pouca […]
Domingos de calcetíns brancos

A obra Domingos de calcetíns brancos. Retrato do cambio social na xeración de 1950, da que é autor o sociólogo Manuel Pérez Rúa, foi gañadora do Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2009, que organizan conxuntamente a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e Editorial Galaxia coa colaboración de Gas Natural Fenosa e […]