Presentación de 'Os elefantes de Sokúrov' en Xinzo

Editorial Galaxia, Café Ítaca e mais o Concello de Xinzo, organizan a presentación da nova novela do autor limiao Antón Riveiro Coello, que será acompañado por Carlos Gómez Salgado, concelleiro de Turismo; Gonzalo Peláez, xerente do Café Ítaca; Fernando Fernández González, representante de Galaxia; e máis polo escritor e presidente da A. C. Barbantia, Xesús […]
Homenaxe a María Rosa Lojo na Feira do Libro de Buenos Aires

A autora de A fin da Terra e O libro das siniguais e do único sinigual, a escritora arxentina de ascendencia galega María Rosa Lojo recibirá unha homenaxe na Feira Internacional do Libro de Buenos Aires pola súa contribución á narrativa dende a tradición do relato oral. Baixo o lema "la Historia en historias" e […]
O enigma de Caronte

Esta semana irá chegando ás librerías, publicada dentro da nosa colección COSTA OESTE, a nova novela de Carlos Vila Sexto, O ENIGMA DE CARONTE. Esta novela comeza durante o último verán que Dani e os seus amigos van pasar xuntos en Cabo Lázaro e que vén marcado pola morte accidental de Marcos, un compañeiro de […]
Chega ás librarías Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María

Dentro das novidades arredor da figura homenaxada no Día das Letras deste 2016, Editorial Galaxia tira do prelo Labrego con algo de poeta. Biografía de Manuel María, no que Mercedes Queixas Zas segue o roteiro vital do poeta, entrefebrando vida e obra, feitos e ideas, letras e sentires, ata consturír un "testemuño que corrobora o […]
Laura no deserto chega á súa 6ª edición

Estes días está chegando ás librerías de todo o país unha nova edición da novela de Antón Riveiro Coello, 'Laura no deserto', que coñece, así, a súa sexta impresión. O libro, que conquistou o Premio da Crítica Española en 2011, segue a turrar do interese de novos lectores e lectoras que acuden ás librerías a […]
Como falarlle á rapazada de enfermidades terminais?
Hai uns anos apostamos por un texto, para a nosa Colección Costa Oeste, que abordaba unha cuestión espiñenta e de difícil abordaxe, como é a morte da xente moza, neste caso, por mor dun cancro na súa fase terminal. O libro era da autoría de Birgit Schlieper e Nina Stahl e leva por título ÁS […]
Manuel Portas presentou a súa novela en Vigo (álbum de fotos)

O crítico Ramón Nicolás e o director literario de Galaxia, Carlos Lema, abeiraron ao novelista Manuel Portas na presentación do seu libro LOURENÇO, XOGRAR, gañador do Premio de Novela Manuel García Barros deste ano pasado. No noso blogue deixamos algunhas fotos do acto.
Presentación de LOURENÇO, XOGRAR en Vigo

Hoxe xoves, o escritor Manuel Portas presentará a súa nova novela, LOURENÇO, XOGRAR, Premio de Novela Manuel García Barros na librería Librouro de Vigo ás 20 horas. O autor estará acompañado polo crítico literario Ramón Nicolás e polo editor literario de Galaxia, Carlos Lema. Desta obra, precisamente Nicolás escribiu no seu día no seu 'Caderno […]