A Esmorga, seleccionada para os prestixiosos premios Celtic Media Festival

A Esmorga, coproducida por Editorial Galaxia, Via Láctea a a Televisión de Galicia, ven de ser seleccionada para os prestixiosos premios Celtic Media Festival, onde se enfrontará con dúas producións para a canle S4C en lingua galesa, outra de Cornualles e outra da BBC de Irlanda do Norte. Tedes máis información nesta ligazón.

Presentación de AS TERAPIAS DA DOUTORA LEDICIA en Vigo

A escritora Raquel Castro presentará o seu libro AS TERAPIAS DA DOUTORA LEDICIA, publicada na colección Árbore, acompañada do editor Francisco Castro, en Librouro ás 20 horas, este venres 11 de marzo. Neste libro a autora argalla unha divertidísima historia que nos explica que cando un está malo necesita que lle dean un medicamento… ou […]

Presentación-coloquio arredor do novo libro de Francisco Castro

A Concellería de Igualdade de Barbadás (Ourense) organiza un coloquio arredor do tema 'Mulleres, liberdade e amor' e que servirá tamén como acto de presentación da nova novela de Francisco Castro, AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA. O autor estará acompañado pola deputada Carme Adán. A novela vén de esgotar en tres semanas a […]

Presentación de 'Lourenço, Xograr' en Ourense

O escritor Manuel Portas presentará a súa novela LOURENÇO, XOGRAR, Premio de Novela Manuel García Barros 2015 no bar El Cercano de Ourense e estará acompañado polo crítico literario X. M. Eyré e o director xeral de Galaxia Víctor F. Freixanes. Os tres achegaranse a unha obra na que o autor nos ofrece a historia […]

Entrevista a Mercedes Queixas, autora de Labrego con algo de poeta

1.- Por que este título para este libro? Procurei un título que achegase ao público lector unha definición totalizadora do autor e pareceume que eses versos seus tirados do poema titulado "Carné de identidade" o eran. A íntima conexión coa Terra e a necesidade de pulsar incansabelmente o convivio coa Poesía foron a cerna do […]

FONTÁN en Pontevedra

Marcos Calveiro será presentado pola xornalista de Onda Cero, Susana Pedreira e o director literario de Galaxia, Carlos Lema no acto que se celebrará na Casa das Campás de Pontevedra arredor da súa nova novela, FONTÁN, Premio Repsol de Narrativa Breve 2015. O libro está a colleitar un grande éxito de público e crítica, de […]

Presentación de AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA en Santiago

O escritor Francisco Castro presentará a súa nova novela, AMOR É UNHA PALABRA COMA OUTRA CALQUERA, na librería Cronopios de Santiago acompañado pola investigadora Malores Villanueva e o director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes mañá mércores as 20 h. na librería Cronopios de Santiago. Sobre esta novela, o escritor e crítico literario Manrique Fernández […]

Presentación multitudinaria en Xinzo de Os elefantes de Sokúrov

O café Ítaca de Xinzo quedou pequeno o venres ante a multitude de persoas que acudiron á presentación de Os elefantes de Sokúrov, de Antón Riveiro Coello. A nova obra do escritor limiao consegue conectar o pasado e o presente e trata temas de actualidade cos que calquera se pode identificar, como os problemas da […]