Habitar entre cidades

As cidades son os grandes centros históricos do desenvolvemento, a creación e o crecemento. Os antigos bolseiros da Fundación Barrié de la Maza volveron reunirse para falar da ordenación do territorio na Galicia actual (Diálogos O2). Xa no 2011, a asociación organizara un interesantísimo foro de debate arredor da investigación, as políticas de I+D+i, etc., […]

Día da Biblioteca

Hoxe celébrase en todo o mundo o Día da Biblioteca. Haberá moreas de actos en todas partes, dende as grandes bibliotecas das grandes cidades ás pequerrechiñas no interior das vilas menos atendidas. En calquera caso, hoxe é o día para lembrarnos delas, de que están aí e que, dentro delas, viven os libros, as historias, […]

Benigno Campos en Ferrol e A Coruña

O cociñeiro Benigno Campos estará hoxe a partir das 18:30 h na Central Librera de Ferrol para asinar exemplares do seu novo libro de receitas, que está a ser o grande éxito editorial do momento. Mañá visitará a librería Nos da Coruña, ás 19:30 h, para manter cos seus lectores unha 'Charla entre Larpeiros'. Todos […]

Presentación de TINTA en Santiago

Este mércores, a escritora Inma López Silva presenta o seu novo libro, Tinta. Estará acompañada polo escritor e director xeral de Galaxia, Víctor F. Freixanes e o actor Cándido Pazó. Este libro reúne algúns dos relatos da autora que, como ela mesmo ten declarado, en moitos casos foron cernes de posteriores novelas súas. Ao tempo, […]

Jordi Sierra i Fabra recibe o premio "Cervantes Chico"

Jordi Sierra i Fabra, de quen Galaxia ofrece un mollo de obras no seu Catálogo, é un dos autores máis lidos nos nosos colexios e institutos. Mais non só en Galicia, senón que os seus libros gozan de recoñecemento en todo o mundo. Onte recibiu o coñecido como 'Cervantes chico', ou 'Pequeno Cervantes', un galardón […]

María Fumaça e Mamá Cabra, de xira por Galicia

Os libro-discos-dvd 'Bicos de Música' de Mamá Cabra e o proxecto María Fumaça están arrasando polo país enteiro e converténdose nun dos agasallos predilectos para estes días nos que os libros non deben faltar debaixo da árbore. E para este tempo de vacacións de Nadal, dende a Editorial Galaxia argallamos unha xira de concertos que […]

Ramón Loureiro

Miguel Sande é, por riba de todo, poeta. E a condición de poeta -de verdadeiro poeta- non só se fai patente ao escribir versos, senón en toda acción que implica mirar o mundo non desde fóra, senón desde dentro. Agora publica Sande "A vida fóra", magnífica novela. E o primeiro que a un lle chama […]

Alfonso Álvarez Cáccamo

Este libro de Xavier, non podo dicir que novo porque xa fora publicado na súa primeira versión no ano 1991, e que daquela xa dera moito que falar e recibira louvanzas e importantes galardóns, encantoume pero non me sorprendeu porque estou afeito a disfrutar da lectura das súas obras, da súa maxistralidade á hora de […]