Sete títulos de Galaxia entre os dez máis vendidos na Feira do Libro de Vigo

Xurxo Patiño, coordinador da Feira do Libro de Vigo que onte pechou as súas portas, comenta hoxe nas páxinas de 'La Voz de Galicia' os resultados referidos ás vendas e aos títulos máis solicitados. Entre os máis vendidos destaca, entre os dirixidos ao público adulto, 'Bícame, Frank' de Miguel Anxo Fernández. No chanzo referido aos […]

Inaguración da exposición UNHA OBRA PARA UN PAÍS FERMÍN PENZOL (1901-1981) / FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO (1913-2010) en Santiago de Compostela

A exposición "Unha obra para un país. Fermín Penzol (1901-1981) / Francisco Fernández del Riego (1913-2010)" pretende conmemorar dúas importantes efemérides que se celebran neste ano 2013: O Cincuentenario do nacemento da Fundación Penzol e mais o Centenario do nacemento de Francisco Fernández del Riego. A Fundación Penzol constitúese en Vigo en abril de 1963 […]

Presentouse Bágoa de Lúa en Vigo

O pasado sábado, e pechando os actos organizados pola Editorial Galaxia na Feira do Libro de Vigo, presentamos o primeiro tomo da triloxía fantástica, obra da escritora Sabela González, AS CRÓNICAS DE LANDEREINA. No acto a autora estivo acompañada pola escritora Ledicia Costas e o editor Francisco Castro. A carpa quedou chea de amigos e […]

Conversas, baile e danzas na Feira do Libro de Vigo

Este venres a Editorial Galaxia ten previsto desenvolver un programa moi ambicioso dentro do marco de actividades da Feira do Libro. Tres accións para atender a todos os chanzos de idade e todos os intereses posibles. Así, ás 20 horas celebrarase o acto titulado ‘A noite no deserto. Un diálogo sobre a novela e a […]

Novela negra e música infantil protagonizarán o xoves na Feira do Libro de Vigo

O xoves a Editorial Galaxia organiza dous actos na Feira do Libro de Vigo para atender a todos os chanzos de idade e intereses. Por unha banda, e dentro da Semana da Música Infantil, a cantante Uxía convertirase na Bruxa Maruxa, un dos personaxes dunha das cancións do libro-disco-DVD, 'María Fumaça' para interpretar algunhas das […]

Éxito de Mamá Cabra en Vigo

Na Carpa dos Nen@s acóllense os concertos da Semana da Música Infantil. Onte, quedou máis que pequena onte para acomodar á moitísima xente que se achegou ata alí para escoitar ás Mamá Cabra no seu concerto 'Ola,ola,la!'. Case que unha hora na que ninguén quedou sen cantar, sen rir, sen danzar e na que a […]

Cristina Pato recibiu o Premio Trasalba

Cristina Pato recibiu onte o 31.º Premio Trasalba nun acto literario celebrado na sede da Fundación Otero Pedrayo. A gaiteira definiuse como 'emigrante pero cos pés sempre chantados en Galicia' e explicou, nun emocionado discurso no que repasou a súa traxectoria musical, que Galicia está en todo o que fai, estea na terra ou onde […]