Olladas arredor da situación

O novo número da revista GRIAL aborda a cuestión da crise, que non é só económica e financiera. A crise, que (oficialmente) dende o ano 2008 vén conmocionando os mercados, é bastante máis ca unha crise económica e financiera. En moitos aspectos é unha crise moral, política, institucional, psicolóxica, social, cultural, demográfica e tecnolóxica que […]
Grazas

Editorial Galaxia vén de recibir o Premio Fernández-Latorre, máximo galardón que outorga anualmente o rotativo La Voz de Galicia, unha distinción que nos honra e que agradecemos. Somos conscientes de que detrás da concesión do premio, que o xurado acordou por unanimidade, están os 63 anos de historia da editorial, que se fundou o 25 […]
Anxos Sumai gaña o Premio de Novela García Barros
Hoxe fallouse na Estrada a XXV edición do Premio de Novela García Barros (Ken Keirades) que publicará, como é tradicional, a Editorial Galaxia. Nesta edición, resultou gañadora a obra de Anxos Sumai, 'A lúa da colleita'. Presentáronse un total de 21 novelas que tivo que avaliar un xurado composto por Inma Otero Varela, Armando Requeixo […]
A grande evasión

Miro pola fiestra e fuxir semella a opción máis axeitada. Podemos fuxir de xeito literal, fagamos a mesma maleta que cruzou o Atlántico e poñamos terra de por medio á procura dun novo Shangri-La no que floreza o emprego e abunden os dereitos (postos no caso, isto é, de que tal lugar mítico exista de […]
Homenaxe a Neira Vilas na Forxa Literaria

A úndécima edición da Forxa Literaria-Encontros Culturais no Rural celebrarase esta fin de semán. Unha forxa na que se tributará homenaxe ao escritor cruceño Xosé Neira Vilas. Na xornada haberá unha mesa redonda na que intervirán o propio Neira Vilas xunto a Alonso Montero, Valentín García, Cándido Pazó, Xosé Luna, Rosario Golmar e Xosé Luis […]
Descarga de balde un capítulo de "Bícame, Frank"

Como todos os meses, dende a web da Editorial Galaxia activamos o Libro do Mes, unha iniciativa que permite a descarga de balde de partes dunha obra que veña de sair do prelo. Desta volta, o libro escollido é 'Bícame, Frank', a nova novela do escritor Miguel Anxo Fernández e que volve estar protagonizada polo […]
"Unha obra para un país" en Santiago de Compostela

Este luns tivo lugar no Pazo de Fonseca de Santiago de Compostela a inauguración da mostra "Unha obra para un país. Fermín Penzol (1901-1981) – Francisco Fernández del Riego (1913-2010)" na que interviron Xesús Vázquez, Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e mais Francisco Durán, vicerreitor da Universidade de Santiago de Compostela, en representación […]
Xa está activa a web de AS CRÓNICAS DE LANDEREINA

Os seguidores da triloxía fantástica creada por Sabela González, AS CRÓNICAS DE LANDEREINA teñen, dende hoxe martes, dispoñible na rede unha web dedicada aos tres libros. Hai unhas semanas saiu do prelo, e xa está a ser un importante fenómeno de vendas, 'Bágoa de lúa', o primeiro dos tres desta historia protagonizada pola amazona Berenguela. […]