Este luns, e cun concerto diario ás 19 horas e ata o vindeiro domingo, arranca na Feira do Libro de Vigo a Semana da Música Infantil, unha produción da Editorial Galaxia que xa gozou dun grande éxito o ano pasado e que este ano completouse cun convite a Edicións do Cumio e a Kalandraka para ofrecer tamén alí unha mostra das súas novidades no que a música infantil se refire.
A Semana dá comezo este luns co espectáculo titulado O MEU MARABILLOSO SOMBREIRO, un proxecto musical e literario, en galego e xaponés de Akiko Ishihara ilustrado por Suevia Sobral e que Víctor Castro porá no escenario.
O MEU MARABILLOSO SOMBREIRO propón un mollo de cancións que gravitan arredor dun cativo que procura alguén a quen lle poder agasallar o seu sombreiro. No espectáculo imos poder gozar do son, sorprendente, das cantigas populares xaponesas pasadas polo tamiz da música galega.