A exposición "Ramón Piñeiro. Olladas no futuro" na Coruña

Categoría: Nova

A exposición está organizada pola Editorial Galaxia, a Fundación Penzol, a Real Academia Galega, o Consello da Cultura Galega e a Presidencia da Xunta de Galicia e poderá visitarse todos os días, de 12:00 a 14:00 e de 18:00 a 21:00.

O acto de inauguración contou coas intervencións de Víctor F. Freixanes, director de Galaxia, Henrique Monteagudo, comisario da exposición xunto con Carlos Fernández, Xulián Parga, en representación da familia de Ramón Piñeiro, Xoán Rivas, Subdirector Xeral de Política Lingüística, Diego Calvo, Delegado da Xunta na provincia da Coruña, e a Concelleira de Cultura da Coruña, María Xosé Bravo.

A exposición consta de 18 paneis que fan un percorrido pola vida e obra do galeguista de Láncara, así como polos principais acontecementos da Galicia do século XX. En 7 vitrinas amósanse manuscritos, obxectos, documentos persoais e algunhas mostras da inxente correspondencia que, ao longo de toda a vida, Ramón Piñeiro escribiu e que foi parte importante do seu labor socrático a prol da recuperación da lingua e da cultura.

Completan a exposición tres pantallas de plasma nas que se recollen imaxes de Piñeiro e unha base de datos multimedia para acceso de curiosos e escolares.

Dende a ligazón da dereita podes descargar a exposición na súa totalidade.

Compartir na redes sociais: