A escritora Nélida Piñón ingresou o sábado na RAG como Académica de Honra

Categoría: Nova

O discurso fúnebre de Pericles e os relatos do avó Daniel ao pé da lareira ostentan unha xerarquía semellante no altar literario de Nélida Piñón, quen atopou na experiencia da emigración, coñecida en segunda persoa a partir do relato dos seus pais, emigrantes galegos no Braisl de primeiros de século, un tema preferente na súa escrita, que había cristalizar en 1984 coa publicación d´A República dos Soños.

A nova académica literaria centrou boa parte do seu discurso de ingreso na descrición do seu proceso de descuberta e coñecemento de Galicia e, nomeadamente, do lugar natal dos seus pais, Cotobade (Pontevedra). O contacto con esta realidade e eas súas xentes dotouna dun novo sentido literario: "obrigando-me moralmente a lhes atribuir uma vida romancesca com o propósito de resgatá-losda obscuridade em que viveram".

Pola súa parte, o membro de número da Academia Ramón Villares, logo de definir a Nélida Piñón como unha escritora "transcontinental" que soubo trenzar na súa escrita as dúas beiras do Atlántico, describiu A epública dos Soños como unha epopea migratoria que contribuiu a resituar a importancia da emigración na conformación da identidade brasileira.

Compartir na redes sociais: