
(A Coruña, 1978). Filóloga, escritora e artista plástica. Como poeta, a súa obra atinxe máis de dez títulos, entre os que atopar s/t, O libro das mentiras e Antídoto, do que en 2017, un dos seus poemas foi considerado o “Mellor Poema do Mundo” e galardoado co Premio de Poesía Jovellanos.
En 2018 gañou o Premio da Crítica Española, no apartado de narrativa en galego, por Bibliópatas e fobólogos, o Premio Xerais de novela por Besta do seu sangue, e o Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño por As voces ágrafas, e en 2019 o Premio Jules Verne por Os corpos invisibles, novela que foi considerada, xunto coa autora, a mellor do ano 2018 pola revista electrónica Fervenzas Literarias. En 2020 obtivo o Premio da Gala do Libro Galego ao mellor texto xuvenil por Os corpos invisibles. O seu último libro, Os libros que hai en min (2021), é unha biografía bibliográfica que entronca con Bibliópatas e Fobólogos. Como artista gráfica participou nos poemarios O Elo, de Quico Valeiras e Círculo dentro do círculo, de Inma Doval, e na publicación Xela Arias, poeta nas marxes, e en revistas especializadas como Cuaderno Artístico, Collage e La jirafa en llamas, entre outras.

(Madrid, 1947) é feminista; narradora, poeta, tradutora e membro da Real Academia Galega desde 2017. Dona dunha das voces máis singulares das nosas letras, recibiu os máis importantes premios da literatura galega. O seu labor académico na Universidade de Santiago de Compostela, centrouse na argumentación e no pensamento crítico.
Editorial Galaxia publicou Mudanzas e outros velenos (2017), que reúne parte da súa obra poética; na colección Costa Oeste, Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros (2017) e A filla do minotauro (2018), Premio Raíña Lupa; na colección Literaria, A Compañía Clandestina de Contrapublicidade (1998), Premio Álvaro Cunqueiro e As malas mulleres (2021), Premio Blanco Amor; e, na colección Feminismos, Movendo os marcos do patriarcado. O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán (2021), xunto con María López Sández.