Aleixandre , Marilar

marilar
Aleixandre , Marilar

(Madrid, 1947) é feminista; narradora, poeta, tradutora e membro da Real Academia Galega desde 2017. Dona dunha das voces máis singulares das nosas letras, recibiu os máis importantes premios da literatura galega. O seu labor académico na Universidade de Santiago de Compostela, centrouse na argumentación e no pensamento crítico.

Editorial Galaxia publicou Mudanzas e outros velenos (2017), que reúne parte da súa obra poética; na colección Costa Oeste, Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros (2017) e A filla do minotauro (2018), Premio Raíña Lupa; na colección Literaria, A Compañía Clandestina de Contrapublicidade (1998), Premio Álvaro Cunqueiro e As malas mulleres (2021), Premio Blanco Amor; e, na colección Feminismos, Movendo os marcos do patriarcado. O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán (2021), xunto con María López Sández.

As súas obras

A filla do minotauro
a-filla-do-minotauro
13.95€ CON IVE
As malas mulleres
9788491515975
20.00€ CON IVE
Movendo os marcos do patriarcado
9788491515876
21.20€ CON IVE
Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo
9788491519003
16.90€ CON IVE