Estás aquí:

Código: 2447

Movendo os marcos do patriarcado

21,20  IVE INCLUIDO
O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán
As ideas de Emilia Pardo Bazán contribuíron a mover os marcos do patriarcado. Para alén de denunciar a violencia contra as mulleres, a física, dando nome aos mullericidios, e a simbólica; de criticar a asimetría nos xuízos a mulleres e homes; de esixir a fin das discriminacións que impedían ás mulleres estudar e exercer traballos remunerados, identificou algunhas das bases ideolóxicas que sustentan estas discriminacións e violencias, algúns dos mecanismos polos que se exercen, o que hoxe chamamos patriarcado. Exemplos son a doutrina que supón diferenzas naturais, intelectuais e mesmo morais entre mulleres e homes; a negación ás mulleres dos dereitos chamados “universais” asignándolles un destino relativo ao dos varóns e a familia; a crenza en que os homes son donos da vida e morte das mulleres. Coa súa vida e a súa obra, Emilia Pardo Bazán afirmou o dereito das mulleres a seguir “o seu propio destino”, ao pracer, a tomar a pluma e reivindicar as mulleres “até a última gota de tinta”.

Compartir nas redes sociáis

Detalles do libro

Paxinas: 232
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación:
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Feminismos
Nº na Colección: 8
Edición: 1ªª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9151-587-6
Observacións:

AUTORES/AS

López Sández , María
sandez

María López Sández (Lugo, 1973) é doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Santiago de Compostela. Actualmente imparte docencia no ensino medio e é profesora asociada de Didáctica da Lingua e a Literatura na Facultade de Ciencias de Educación da USC. O seu labor de investigadora centrouse na relación da literatura galega co imaxinario paisaxístico e co espazo urbano, no estudo da cartografía como semiótica do espazo. Co traballo titulado Paisaxe e nación. A creación discursiva do territorio obtivo o Premio Ramón Piñeiro de Ensaio 2007.
No 2012 resultou gañadora da VI edición do Premio de Narrativa Breve Repsol coa novela A forma das nubes, publicado por Galaxia no mes de novembro do ano 2012.

As súas obras

A forma das nubes (VI Premio Repsol 2012)
A forma das nubes
13.25€ CON IVE
A noite da deusa
a-noite-da-deusa
14.15€ CON IVE
Illados. Diario da pandemia
9788491514800
22.80€ CON IVE
Movendo os marcos do patriarcado
9788491515876
21.20€ CON IVE
Aleixandre , Marilar
marilar

(Madrid, 1947) é feminista; narradora, poeta, tradutora e membro da Real Academia Galega desde 2017. Dona dunha das voces máis singulares das nosas letras, recibiu os máis importantes premios da literatura galega. O seu labor académico na Universidade de Santiago de Compostela, centrouse na argumentación e no pensamento crítico.

Editorial Galaxia publicou Mudanzas e outros velenos (2017), que reúne parte da súa obra poética; na colección Costa Oeste, Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros (2017) e A filla do minotauro (2018), Premio Raíña Lupa; na colección Literaria, A Compañía Clandestina de Contrapublicidade (1998), Premio Álvaro Cunqueiro e As malas mulleres (2021), Premio Blanco Amor; e, na colección Feminismos, Movendo os marcos do patriarcado. O pensamento feminista de Emilia Pardo Bazán (2021), xunto con María López Sández.

As súas obras

Juana de Vega. A muller que desafiou o seu tempo
9788491519003
16.90€ CON IVE
Alí Babá, Morxiana e os corenta usureiros
ali-baba-morxiana-e-os-corenta-usereiros
9.80€ CON IVE
A filla do minotauro
a-filla-do-minotauro
13.95€ CON IVE
As malas mulleres
9788491515975
20.00€ CON IVE

COLECCIÓN

Feminismos

ám@me
amme
24.80€ CON IVE
Chámame señora, pero trátame coma a un señor
chamame-senhora-pero-tratame-coma-un-senhor
18.45€ CON IVE
Cómplices. A violencia machista institucional
complices-a-violencia-machista-institucional
21.20€ CON IVE
Feminicidio. Unha nova orde patriarcal en tempos de submisión
feminicidio
18.45€ CON IVE
A Galiza feminista. Tebras e alboradas
9788491516255
15.80€ CON IVE
Isto SI éun Home
9788491517979
18.45€ CON IVE
Movendo os marcos do patriarcado
9788491515876
21.20€ CON IVE
Mulleres que (nos) dan que pensar
9788491514299
24.90€ CON IVE