Estás aquí:

Código: 449

O espido de Gina

18,40  IVE INCLUIDO
Na súa nova novela, Miguel Anxo Fernández reivindica o dereito á lembranza cun sorriso nos beizos, porque tamén somos as películas que vivimos, as que nos deixaron pegada e ás que regresamos de cando en vez.
Recordos de infancia, de mocidade e de madureza, nutridos na inmensidade da sala escura mentres a pantalla nos amosaba secuencias inesquecibles, personaxes memorables, tramas asombrosas… Mudaron os vellos cines, de olores singulares, de carteleiras coloreadas, de programa dobre e sesión continua, de cine dominical e festivo. Pero non mudou a capacidade do cine de provocar emocións.
En O espido de Gina, Miguel Anxo Fernández, escritor e cinéfilo, sérvenos un cóctel peculiar no que, usando dunha voz en off coma a de Fernando Rey en Bienvenido Mr. Marshall, un xornalista da ben identificable vila galega de Valdesantos, relata unha crónica na que se pode rastrexar o misterioso motorista de Amarcord, a mala relación entre o proxeccionista Alfredo e o crego Adelfio en Cinema Paradiso e o proxeccionista Luigi e o exhibidor Jordan en Splendor.
Atilano, don Nemesio, Manfredo, Valboa, Lambón, Mariví e o peculiar taberneiro Dousreás, forman o universo de Valdesantos, que ve alterada a súa paz de vila galega da década de 1960 cando os do cine Central anuncian a proxección da película Espida fronte ao mundo, protagonizada por Gina Lollobrigida. Ademais, a novela achega un retrato sociolóxico dunha época onde unha boa maneira de fuxir da intolerancia, do conformismo, da rutina e dos "25 anos de Paz" da propaganda oficial, eran as películas do Central e a televisión en branco e negro do café Moderno.

Compartir nas redes sociáis

Detalles do libro

Paxinas: 196
Deseño: Rústica con lapelas
Data Publicación: 28/05/2014
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na Colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-9865-535-3
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Fernández , Miguel Anxo
MIGUEL-ANXO-FERNÁNDEZ

O Carballiño, 1955. Doutor en Comunicación audiovisual, investigador e teórico cinematográfico, está vencellado desde finais dos anos setenta ao desenvolvemento do audiovisual galego, labor polo que se lle concedeu o Premio de Honra Fernando Rey no 2001. En 2012 recibiu o Premio da Cultura Galega polo seu labor a prol da creación audiovisual.

Profesor de Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo, exerce a crítica diaria de cinema e televisión en La Voz de Galicia, ademais de colaborar no Diario Cultural (Radio Galega) e en Planeta Cine (TVG). Entre a súa obra especializada destacan Carlos Velo. Cine e exilio (1996), As imaxes de Carlos Velo (2001, Premio Sempre en Galiza), Las imágenes de Carlos Velo (UNAM, México, 2007), A Bela Otero, pioneira do cine (2002, Premio Chano Piñeiro), Rodado en Galicia (2005) e Os amigos de Chano Piñeiro (2007, ed.). No eido da ficción publicou en Galaxia O sabre do francés (2002) e Capitol, última sesión (2004), ademáis da triloxía sobre o detective Frank Soutelo, formada por Un nicho para Marilyn (2002, Premio García Barros), Luar no inferno (2006); Tres disparos e dous friames (2008), Lume de cobiza (2011), Bícame Frank (2013), O espido de Gina (2014), Un dente sen cadáver (2016) e Blues para Moraima, Premio Blanco Amor 2016.

As súas obras

Blues para Moraima
blues-para-moraima
19.50€ CON IVE
Luar no inferno
luar
17.40€ CON IVE
Un nicho para Marilyn
nicho marilyn
15.50€ CON IVE
A bela Otero, pioneira do cine
a bela otero
24.15€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.45€ CON IVE
900
900
21.20€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
23.50€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
13.95€ CON IVE
A boneca de Blanco Amor
A boneca de Blanco Amor
16.45€ CON IVE
A candidata
A candidata
15.50€ CON IVE