Estás aquí:

Código: 322

A esfinxe de Amaranto

21,80  IVE INCLUIDO
A historia dunha familia con orixes no Oriente e na raia seca galega a través das voces das súas mulleres.
O autor de As rulas de Bakunin, coa que obtivera un impresionante éxito entre os lectores, cóntanos agora a cativadora historia dunha familia con orixes no Oriente e na raia seca galega a través das voces das mulleres que, máis que vivila, tiveron que padecela. Velaquí unha novela de lectura apaixonante, na que a prosa coidada, rítmica e engaioladora de Riveiro Coello acada ese punto álxido que apreixa e emociona o lector. Inesquecible polos seus personaxes, subxugante pola trama, maxistral pola sabia utilización dos recursos da narración, A esfinxe de amaranto vai descubrindo pouco a pouco ante o lector os segredos e as intrigas que, agochados de xeración en xeración, conforman a historia dunha estirpe con orixes no Oriente e na nosa raia seca. A novela preséntanos un extraordinario abano de personaxes creados coa materia viva da verdade. Desde a figura case mítica do fundador da familia, un portugués cun escuro pasado na colonia chinesa de Macau, ata Rosa, herdeira dos saberes culinarios transmitidos de xeración en xeración, a Verónica, última representante dunha saga de mulleres que loitan con todas as súas forzas por sobrevivir sen renegar da súa propia personalidade. A través deses personaxes imos participar nunha historia que comeza na actualidade, a carón das dunas de Corrubedo, na marabillosa paisaxe da praia do Vilar. Antón Riveiro Coello sitúa nunha noite, e na que ha ser unha última cea, o núcleo a partir do cal imos ir descubrindo a verdadeira historia. Inesquecible e emocionante procura no tempo e nas paixóns, A esfinxe de amaranto afonda nas raigames perdidas da vergonza e do remorso. Cunha prosa coidada, transparente e viva que consegue transmitir ao lector o alento dese pasado case mítico para constatar a conmoción reparadora da memoria.

Compartir nas redes sociáis

Detalles do libro

Paxinas: 308
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/12/2003
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na Colección:
Edición: 1ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-8288-645-9
Observacións:

AUTORES/AS

Riveiro Coello , Antón
riveiro coello

Naceu en Xinzo de Limia, no ano 1964. Cursou estudios de Dereito na Universidade de Santiago e actualmente traballa na administración autonómica. Riveiro Coello é un dos narradores máis premiados dos xurdidos na literatura galega durante a pasada década. Ademais dun gran número de relatos en libros colectivos e revistas literarias ten publicadas as novelas Valquiria (1993, premio Camilo José Cela), A historia de Chicho Antela (1997), A quinta de Saler (1999), coa que foi finalista do premio Torrente Ballester, así como as recompilacións de relatos Parque Central(1996) e Airadas de palabras (1998), onde se recollen os contos que lle foron premiados nos certames Manuel Murguía e Modesto R. Figueiredo entre os anos 1991 e 1997. Con Animalia (2000) obtivo o premio Café Dublín correspondente a 1999. As rulas de Bakunin recibiu o premio García Barros en 2000, ano no que tamén logrou o Álvaro Cunqueiro de Narrativa con Homónima.

En 2007 publica en Galaxia A voz do lago, novela coa que se adentra na creación literaria para os lectores máis novos, e na colección Literaria Os ollos de K.

As súas obras

A ferida do vento
A ferida do vento
15.50€ CON IVE
Á sombra dos bonsais
a-sombra-dos-bonsais
17.25€ CON IVE
O paraíso dos inocentes
o-paraiso-dos-inocentes
22.00€ CON IVE
Acordes náufragos
Acordes náufragos
15.50€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.45€ CON IVE
900
900
21.20€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
23.50€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
13.95€ CON IVE
A boneca de Blanco Amor
A boneca de Blanco Amor
16.45€ CON IVE
A candidata
A candidata
15.50€ CON IVE