Estás aquí:

Código: 151

Quintana viva

esgotado
Relatos sobre nenos escritos con frescura por un dos principais eruditos galegos do pasado século.
Colección de relatos breves que trata temas populares e nos que os cativos son os protagonistas. Filgueira Valverde afronta estes relatos cunha prosa sinxela e sosegada na que amosa unha gran calidade poética.

Compartir nas redes sociáis

Detalles do libro

Paxinas: 144
Deseño: Rústica
Data Publicación: 01/05/1990
Dimensións 135 x 210 mm.
Colección: Literaria
Nº na Colección:
Edición: 2ª
Editorial: Galaxia
ISBN: 978-84-7154-713-2
Observacións:

Novas relacionadas con este libro

Eventos relacionados con este libro

Recesións relacionadas con este libro

AUTORES/AS

Filgueira Valverde , Xosé
xose filgueira

Xosé Fernando Filgueira Valverde naceu en Pontevedra en 1906. Realizou estudos de Dereito, Filosofía e Letras e Psicoloxía. En 1923 formou participou na fundación do Seminario de Estudos Galegos, onde dirixiu a sección de Historia da Literatura. Foi membro da Real Academia Galega desde 1942 e correspondente das Reais Academias de Historia, de Lingua e de Belas Artes de San Fernando. Dirixiu o Museo "Rosalía de Castro", o Instituto Padre Sarmiento de Estudos Galegos e o Museo de Pontevedra. En 1982 e 1883 foi Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia. Recibiu numerosos premios como recoñecemento ao seu traballo e erudición.

A súa obra literaria abrangue o xornalismo, a narrativa, a poesía, o ensaio e o teatro. O seu libro máis coñecido é o volume de prosas literarias Quintana viva (1971). Teñen especial relevancia as achegas que Filgueira Valverde fixo no campo da investigación. Boa parte do seu traballo nesta área aparece nos nove volumes editados baixo o título xenérico de Adral entre 1979 e 1996. As súas achegas sobre lírica medieval reuníronse no libro Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1927-1987).Morreu en 1996 en Pontevedra, cidade da que foi alcalde.

Dedícaselle o Día das Letras Galegas no ano 2015

As súas obras

Grial 122
12.00€ CON IVE
Quintana viva
quintana viva
esgotado
Estudios sobre lírica medieval. Traballos dispersos (1925-1987)
estudios lirica
17.95€ CON IVE
Adral
Adral
20.65€ CON IVE

COLECCIÓN

Literaria

1Q84. Libro 3
libro3
24.10€ CON IVE
1Q84. Libros 1 e 2
1q
27.40€ CON IVE
O sono das sereas (XI Premio Repsol 2017)
o-sono-das-sereas
16.45€ CON IVE
900
900
21.20€ CON IVE
A agonía das folerpas
9788491519201
23.50€ CON IVE
A bisneta lercha
a bisneta lercha
13.95€ CON IVE
A boneca de Blanco Amor
A boneca de Blanco Amor
16.45€ CON IVE
A candidata
A candidata
15.50€ CON IVE