Un verán para ler

Categoría: Nova

Verán. Vacacións. Tempo para retomar lecturas. Tempo para recomendar libros. Para deixarse recomendar. Para ler novelas. Para estremecerse coa poesía.
Ler: un gran plan de verán. Fronte do mar, do río, a auga da pisicina. Na sombra. Ao sol. Cunha tapa diante. Logo de correr. Coa ventá aberta porque morremos de calor. Pechados no cuarto, para que ninguén amole.
Ler: pracer intenso. Non só no verán.
Ler; na biblioteca. E visitar as librerías. E ver que é o que hai polos andeis da casa. A oferta é enorme. Eses libros están a esperar por ti.
Ler cos nosos pequenos e pequenas. Aprenderlles que a lectura é un ben que abre as fiestras da imaxinación, polas que entra unha luz que queda para sempre.
É verán. Lede coa mesma paixón coa que na infancia chuchabamos dos polos de amorodo fresquiños…

Compartir na redes sociais: