Día internacional en memoria das vítimas do holocausto

Categoría: Nova

O 27 de xaneiro de 1945 o exército vermello liberaba o campo de concentración de Auschwitz-Birkenau (Polonia). Por esta razón hoxe conmemoramos o Día internacional en memoria das vítimas do holocausto.
A reflexión sobre os feitos segue a ser necesaria e a lectura pode ser unha boa guía. Fred Uhlman é o autor de Reencontro, unha historia da amizade entre dous mozos de dezaseis anos separados pola barbarie nazi. Hans é fillo dun médico xudeu e Konradin é un aristócrata descendente dunha das familias máis vellas de Alemaña. As súas afinidades e o seu xeito de ver as cousas convérteos en amigos íntimos. Pero cando Hitler chega ao poder, Konradin entre no exército nazi e Hans ten que marchar de Alemaña. Esta novela, publicada por ver primeira en 1971, converteuse rapidamente, sen ningún tipo de promoción, nun libro traducido e lido en todo o mundo. Na base deste recoñecemento están a súa fondura, a súa emotiva sinxeleza e a súa capacidade evocativa, cualidades que fan desta novela en miniatura unha pequena obra mestra.
Para que non se repitan estas atrocidades nunca máis!

Compartir na redes sociais: