Entrega do Premio Manuel García Barros de Novela

Alberto Ramos fíxose merecente do Premio de Novela Manuel García Barros pola súa novela 'Máscaras rotas para Sebastian Nell'. Ás 20 horas, no Teatro Principal da Estrada, celebrarase o acto de entrega deste prestixioso galardón literario que ano a ano vai consolidándose como un dos máis prestixiosos da historia da literatura galega.

Presentación da nova novela de Francisco Castro na Coruña

O escritor Francisco Castro presentará o seu novo libro TES ATA AS 10 na librería Nova Colón. O autor estará acompañado polo escritor e xornalista Xesús Fraga. TES ATA AS 10 é ante todo unha novela de intriga que dende o momento da súa publicación está enganchando a lectores e crítica. Está protagonizada por un […]

Presentouse no Liceo de Ourense, ‘Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía’

Onte presentouse no Liceo de Ourense o volume 'Ramón Otero Pedrayo. Unha fotobiografía 1888-1976' que recolle a totalidade da traxectoria do patriarca das Letras Galegas, do que son coautores Patricia Arias Chachero e Afonso Monxardín. Esta obra foi editado pola Fundación Otero Pedrayo, en colaboración coa Editorial Galaxia, e contou co apoio da Consellería de […]

Mañá comeza o Simposio Díaz Castro

A Academia ponlle o ramo ao ano dedicado a Xosé María Díaz Castro coa celebración dun simposio, que terá lugar no salón de actos desta institución, no que varios especialistas analizarán os aspectos máis relevantes da vida e a obra do autor de Nimbos. Na sesión de mañá tomarán a palabra Armando Requeixo, Carme Blanco, […]