Saltar nas pozas

É martes e xaneiro en Compostela. Por suposto, chove. Agardo interminablemente nun paso de peóns ás dúas e media da tarde. Unha nena de cabelo loiro e enguedellado, que non sobrepasa en altura o meu embigo, fítame con intensidade e pregunta: “Por que levas unhas botas vermellas?”. Seu pai repréndea. Por impertinente e maleducada, disque. […]