Setembro

Rematan as vacacións e pouco a pouco volvemos á realidade. Este mes de agosto foi duro para nós. Entre outras razóns porque deixamos algúns amigos importantes no camiño, entre eles, Benxamín Casal Vila, presidente de Editorial Galaxia, exemplo de alento, optimismo, conciliación de vontades e confianza no futuro. Ímolo botar moito en falta. Pero seguimos. […]

O 'Ulises' de James Joyce sairá en galego

O proxecto de tradución e publicación de Ulises insírese na colección Clásicos Universais, que presta atención especial ás obras fundacionais da tradición literaria contemporánea. A novela de James Joyce é unha das obras que inician a tradición literaria moderna, fundamental para o desenvolvemento non só da narrativa senón da propia concepción da literatura a partir […]