O novo libro de Benigno Campos chega aos 10.000 exemplares

O éxito do terceiro libro de receitas de Benigno Campos semella non ter freo, de feito, contabilizamos xa 10.000 exemplares deste o seu novo e terceiro recetario. Mañá mércores estará, a partir das 19.30 h, conversando con quen queira achegarse ata a librería Cronopios de Pontevedra, nunha parola que será, e nunca mellor dito, saborosa […]

Sinatura de Xosé Monteagudo

Este martes, a partir das 20:00 h, o escritor Xosé Monteagudo estará na librería Cronopios (rúa Frei Xoán de Navarrete, 5, Pontevedra) para conversar cos seus lectores e asinar exemplares da súa nova novela, O curioso mundo das persoas normais. O autor deUn tipo listo, Premio García Barros 2009, debrúzase nesta nova novela na realidade […]

Souberon ricos os "Bicos de música" na Coruña

Como xa acontecera en Santiago e no Culturgal, a expectación e afluenza de público grande e miúdo para escoitar a Mamá Cabra, foi enorme. As instalacións da FNAC herculina quedaron pequenas para acoller tanta xente como se achegou a escoitar en directo algúns dos traballos presentes no novo traballo discográfico e audiovisual do popular grupo […]

Autores de Galaxia en Culturgal

Editorial Galaxia levou unha ampla representación de autores e novidades á feira do Lérez, ademais de espectáculos para nenos, música e libros infantís (Mamá Cabra, María Fumaça). Durante unha fermosa fin de semana, cun magnífico sol de inverno nas rías, Pontevedra converteuse na gran sala de estar dos libros e as producións culturais galegas. Conversas […]

Xa podes acceder a Galaxia Tales e Galaxia Comic dende a nosa web

Dende onte xa é posible acceder aos dous novos produtos dixitais de Galaxia dende a propia web da Editorial. Dende dous banners preparados para a ocasión, podes acceder directamente por unha banda á web xenérica do proxecto Galaxia Tales, ou á páxina da App Store que acolle Galaxia Comic. E cun par de clics acceder […]

Concerto de MARÍA FUMAÇA en Mos

Este domingo, a locomotora imparable de María Fumaça subirase, ás 18 horas, no Auditorio das Pozas de Mos, de novo ao escenario para interpretar as cancións do libro-CD-DVD de mesmo nome. Será unha nova oportunidade para cantarmos xuntos o noso lema máis festivo: Cantar e bailar para ser máis feliz. Este proxecto literario, musical e […]

María López Sández recibiu o VI Premio de Narrativa Breve Repsol

O acto celebrouse onte na sede da Fundación Paideia na Coruña, e participaron o secretario xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, Valentín García, César Gallo Erena, vicepresidente da Fundación Repsol e Víctor F. Freixanes, director xeral de Editorial Galaxia. A encargada de conducir o acto foi Ana Nieto, delegada da Televisión de Galicia […]

A música infantil arrasou no Culturgal

Foron centos os nenos e nenas que se achegaron esta fin de semana ata o Cuarto dos Nen@s do Culturgal para asistir aos concertos de presentación de 'Bicos de música', de Mamá Cabra, e de 'María Fumaça' (quen logo, á tarde, encheu absolutamente o Auditorio das Pozas en Petelos-Mos). No noso blogue deixamos unha montaxe […]