Presentación de LUME DE COBIZA en Ourense

Siguen as roldas de presentacións arredor do libro de Miguel Anxo Fernández, 'Lume de cobiza'. Desta volta será en Ourense e baixo da forma de conversa entre Ángel de la Cruz (director de cine, 2 premios Goya) e o propio Miguel Anxo Fernández. O encargado de moderar o debate será o xornalista Xosé Manoel Rodríguez. […]

Presentación de DIABOLUS IN MUSICA. CONVERSAS CON ROGELIO GROBA

Participan Víctor F. Freixanes, director xeral de Galaxia, Roberto Varela, Conselleiro de Cultura, Rogelio Groba, músico, e o autor, Manrique Fernández. Proxectarase un vídeo cunha escolma dos temas que se inclúen no libro en CD. Rogelio Groba é instrumentista, director, pedagogo e, sobre todo, compositor. O seu incansable traballo entre as liñas do pentagrama deixou […]

Presentación de A ARTE DO IMPOSIBLE en Santiago

Hoxe martes ás 20 horas na librería Couceiro de Santiago, Ramón Máiz presenta este ensaio que recibiu o Premio Ramón Piñeiro 2010. Estará acompañado por Víctor F. Freixanes e Xan López Facal. Segundo o autor, en declaracións ao xornal 'Galicia Hoxe' trala concesión do premio, "A novidade é recuperar o valor da política como arte […]

Comeza INSPIRACIENCIA

Hoxe dá comezo unha nova edición de INSPIRACIENCIA, segunda edición dun certame que o ano pasado conseguiu unha altísima participación no conxunto do Estado. Ata o de agora só podían presentarse orixinais en castelán e catalán. Dende hoxe, tamén en galego pois a Editorial Galaxia decidiu participar este ano na organización poñendo así a disposición […]

Novidades da Biblioteca Compostela

Por primeira vez traducida para o galego, a obra de Goliarda Sapienza está a ser descuberta nos últimos anos por lectoras e lectores de toda Europa. Inédita ata a súa publicación en italiano neste 2011 por Einaudi Editore, a novela Eu, Jean Gabin sae na Biblioteca Compostela de Narrativa Europea, colección que Galaxia tira do […]

Presentación de NÓMADES en Betanzos

Mañá presentaremos en Betanzos a novela gráfica de Xosé Tomás, Nómades. No acto participarán Ramón García Vázquez, alcalde de Betanzos, Xesús Fraga, xornalista, e o autor, para falar deste libro que inaugura a nosa colección de Novela Gráfica e na que Xosé Tomás escribe sobre mulleres que o arriscan todo para cruzar o mar polo […]

Faladoiro "Álvaro Cunqueiro, xornalista" en Vigo

O xoves día 1 de decembro ás 20 horas celebrarase na Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa, 2) en Vigo o undécimo e último dos faladoiros incluídos no programa do Centenario de Álvaro Cunqueiro (1911-1981) organizado polo Consello da Cultura Galega (CCG). O escritor e director da editorial Galaxia, Victor Freixanes, a profesora e […]

Presentación do libro BERROGÜETTO. O PULSO DA TERRA

Este mércores celebrarase a presentación na Coruña do libro escrito por Fernando Neira, 'Berrogüetto. O pulso da terra' e que repasa os tres lustros de existencia do grupo folk galego máis internacional. No acto intervirán membros do grupo e o editor e escritor Francisco Castro. No noso blog, e na ligazón á esquerda destas páxinas, […]